Entradas

Mostrando entradas de febrero, 2013

Rosalía 150

A Biblioteca e EDNL  do IES Vilar Ponte   no día de Rosalía de Castro  

24 de febreiro: Día de Rosalía

Imagen
Este ano o Día de Rosalía celebrámolo co 150 aniversario da publicación de Cantares Gallegos . Co gallo desta conmemoración moitas das bibliotecas escolares de Galicia traballaron arreo na lembranza da autora e da súa obra. Grazas á unha xenerosidade inmensa co seu traballo podemos compartir as súas presentacións: Grazas ao CPI de San Sadurniño. Grazas ao CEIP Nosa Señora das Dores de Forcarei

Como buscar na rede?

Co noso inmenso agradecemento a Charo Sánchez-Gabriel e a Olga Rodríguez Díaz, sempre xenerosas co seu traballo:

O documental "Home" comentado

Imagen
Yann Arthus-Bertrand trata de concienciarnos da evolución catastrófica do clima no noso planeta a través do documental Home. Unha alumna de 1º da ESO, Marta Pérez, ofrécenos un brilante comentario sobre o mesmo: O documental “Home” representa o avance do noso planeta dende os orixes ata a actualidade, a evolución do ser humano, a súa maneira de conquistar e modificar extremadamente a paisaxe, provocando, simultaneamente, graves consecuencias, que nos afectan a todos. Dende os comenzos da vida, as archibacterias, ata as inxentes cidades de rañaceos e illas artificiais recentemente construidas. O afán do ser humano por conseguir enerxía das fontes de enerxía non renovables, ou “bolsas de sol”, modifica o planeta, perxudica, contamina, altera, elimina. Constantemente, “Home”, recórdanos que o diñeiro e os gobernos dominan o mundo. Mentres millóns de persoas morren de fame, outros millóns viven por enriba dos seus límites. A poboación mundial medra, multiplícase. O