Entradas

Mostrando entradas de abril, 2016

II Concurso de poesía Vilar Ponte

Imagen
Destinatario : alumnado de 1º de ESO. Obxectivo: realización dun poema (en galego ou en castelán)  de características e  temática libres. O poema poderá acompañarse dunha foto ou ilustración alusiva. Prazo : mes de abril. Entrega : á profesora de Lingua, Mapy Martín. Presentación : en folio/ -s escrito/ -s a man ou a ordenador, firmado cun pseudónimo e achegando un sobre no que figurará, no seu interior, o nome completo e curso do autor e, no seu exterior, o pseudónimo escollido. Premios : 1º) Libro de poemas de Raúl Vacas “ Niños raros”, de SM. 2º) Libro de poemas de Manuel María “Os soños na gaiola”, editorial Casa-Museo de                                 Manuel María.                 3º) “Arroyo claro, fuente serena” de Juan Ramón Torregrosa, editorial Vicens-Vives. Resolución do xurado : o xurado estará integrado por varios profesores do Centro e, emitirá o seu fallo na Semana das Letras Galegas.

Visita de Alfredo Gómez Cerdá

Imagen
Onte, xoves 14 de abril, recibimos a visita de Alfredo Gómez Cerdá. Estivo con case setenta alumnos de 3º ESO e con outros tantos de 4º na hora seguinte, falando sobre a súa obra Los fantasmas del paraíso . Para recibilo e presentalo, o alumnado elaborou un vídeo que podedes ver aquí: 3º ESO: 4º ESO: E aquí tedes outro máis con todas as fotos da visita:

Preparando a visita de Alfredo Gómez Cerdá

Imagen
O alumnado de 3º e 4º da ESO leva días preparando a visita dun escritor en lingua castelá que gusta moito aos nosos siareiros. Para facer a presentación do autor, os dous niveis fixeron cadanseu vídeo. Aquí tedes unha mostra do traballo: 3º ESO 4º ESO

Tapóns solidarios na nosa biblio

Imagen
Como sabedes, desde final do curso pasado estivemos facendo recollida de tapóns de plástico para poder aportan un pequeno gran de area na axuda aos demais.  Este foi o produto do esforzo colectivo de todos os siareiros da nosa biblio: Finalmente, recorremos á Fundación Puro Cora (pertencente a El Progreso, que ten asinado un convenio con varias empresas e institucións desde hai tres anos para recoller eses tapóns que poden axudar a persoas que o precisan. Trala súa venta, o importe íntegro vai destinado a diferentes solicitudes, aprobadas por un equipo externo integrado por un médico, unha psicóloga, unha farmacéutica e unha graduada social.

You don't read, you don' understand

Imagen
Atticus Shaffer é un actor estadounidense -nado en California no 1988- e coñecido polo seu papel como Brick Heck na serie de televisión The Middle . Padece osteoxénese imperfecta de tipo IV (coñecida como a "enfermidade dos ósos de crital"), un transtorno conxénito caracterizado pola fraxilidade e deformindade nos ósos.