Entradas

Mostrando entradas de junio, 2016

Lectura pública de "El Quijote"

O pasado mes de abril e con motivo da conmemoración do 400 aniversario da morte de D. Miguel de Cervantes Saavedra, o noso centro levou a cabo a lectura pública de varios capítulos da súa obra máis universal, "Don Quijote de la Mancha", así coma da biografía e bibliografía do autor. Neste acto participou o alumnado do primeiro Ciclo da ESO, así coma varios profesores, todos eles co carácter de voluntariedad que require un acto de homenaxe literario destas características. O noso recordatorio de que esta biblioteca posúe varias obras do inmortal Cervantes e o noso ánimo (sempre renovado) a ler este autor (e a outros) e a disfrutalo, a mellor homenaxe que se lle pode ofrecer.

Premio nacional

O pasado venres 3 de xuño, o noso centro tivo o placer de obter o premio da Comunidade Galega na Redacción no Concurso de Redacción Nacional "Qué es un rey para ti?" que fará que o noso Centro sexa representado ante o Rei Felipe VI en Madrid. Este premio chegou a través do traballo do alumno,   Daniel Bermúdez Álvarez de 1º ESO-A quen realizou moitas das súas búsquedas de información para a elaboración do seus traballos na nosa biblioteca co asesoramento preciso. Sentímonos felices por el e por todo o Instituto en xeral e seguimos recordando a todos os ususarios que dispoñemos dun gran número de fondos cos que completar: formación, experimentación, entretemento... ¡Aquí os esperamos! "¿Qué es un rey para ti?" (extracto) Desde mi Viveiro natal, en la provincia de Lugo, no tengo mucha posibilidad de cercanía con la Casa Real y sus representantes. Esto hizo que, cuando mi profesora de Lengua nos planteó la posibilidad de participar en este concurso naciona