O Samaín é unha das tradicións máis antigas da nosa cultura. Herdeiro das celebracións celtas coas que se despedía o verán e se daba a benvida ao inverno, este tempo simboliza o paso entre dous mundos: o dos vivos e o dos espíritos. Fogares, vilas e escolas énchense de luces, cabazas e historias misteriosas que manteñen viva a nosa memoria colectiva. No IES Vilar Ponte , quixemos celebrar o Samaín dende a Biblioteca Escolar , en colaboración co Equipo de Dinamización da Lingua Galega , convertendo o centro nun espazo de creación, misterio e lectura compartida a través das seguintes actividades: Decoración da Biblioteca por parte do alumnado de 3º ESO C. Concurso de microrrelatos de terror para todo o alumnado da ESO. Xincana de Samaín para o alumnado de 1º da ESO Concurso de portas terroríficas dirixido ao alumnado de 1º e 2º da ESO. 📖 As palabras tamén poden dar medo O Concurso de Microrrelatos de Terror invitou ao alumnado a deixar voar a súa imaxinación máis escura e p...
Cada 24 de outubro celebramos o Día das Bibliotecas , unha data que naceu en España en 1997 por iniciativa da Asociación Española de Amigos del Libro Infantil y Juvenil. A conmemoración xurdiu para lembrar a destrución da Biblioteca de Sarajevo durante a guerra dos Balcáns e reivindicar o papel das bibliotecas como espazos de encontro, cultura, liberdade e paz . As bibliotecas son moito máis ca lugares cheos de libros: son refuxios para a mente, portas a novos mundos e un punto de unión entre persoas e coñecementos. Actividade co alumnado de 1º da ESO A Con motivo desta celebración, o pasado xoves 24 de outubro , recibimos ao grupo de 1º da ESO A nunha xornada de formación de novos usuarios da biblioteca . Durante a actividade, o alumnado participou nun xogo de sete probas deseñado para coñecer mellor o espazo, aprender a localizar libros e disfrutar dos diferentes recunchos da biblioteca. Entre as probas, tiveron que buscar títulos conc...