Entradas

Mostrando entradas de enero, 2024

NOVIDADES LITERATURA UNIVERSAL

Imagen
 

NOVAS INCORPORACIONS: BANDA DESEÑADA

Imagen
 

30 de Xaneiro: Día Escolar da non violencia e da Paz

Imagen
 

OBRADORIO DE ORIGAMI: Grúas da Paz.

Imagen
  Ao longo desta semana, na Biblioteca do IES Vilar Ponche ofrecemos un obradoiro de origami no que faremos grúas para conmemorar o 30 de xaneiro Día Escolar da Non Violencia e da Paz. Se te animas a participar achégate pola biblioteca durante o segundo tempo de lecer e constrúe grúas pola paz!

Hoxe, 5 de Xaneiro celebramos o nacemento da artista Maruja Mallo.

Imagen
A pintora Maruja Mallo nacía o 5 de xaneiro de 1902 en Viveiro. Maruja sentiu desde pequena paixón pola arte que o seu pai axudou a desenvolver permitíndolle estudar en distintas escolas artísticas ata que, cando a familia trasladouse a Madrid, empezou a estudar na Real Academia de Belas Artes de San Fernando. Alí coñeceu a algúns dos grandes xenios da súa época como Dalí, Buñuel ou García Lorca.  Na década dos 20 empezou a colaborar en distintas publicacións literarias e deseñou a portada de varios libros. En 1928 organizouse nos salóns da Revista de Occidente a primeira exposición coa súa obra. Desde entón, os seus magníficos cadros cheos de luz e de vida convertéronse en parte da vangarda artística.  En 1932 marchouse a París grazas a unha bolsa da Xunta de Ampliación de Estudos onde continuou perfeccionando a súa arte e entrando en contacto co máis selecto do surrealismo francés. Ese mesmo ano expoñía na Galería Pierre. Mallo traballou con Alberti, Miguel Hernández e outras person