Entradas

Mostrando entradas de noviembre, 2023

30 de novembro de 1803, primeira expedición sanitaria internacional da historia.

Imagen
  O 30 de novembro de 1803 desde o porto da Coruña (España) parte a Real Expedición Filantrópica da Vacina, un navío con 37 persoas cuxo fin era levar a vacina da viruela a calquera parte do imperio Español. Considérase a primeira expedición sanitaria internacional da historia.  Na nosa biblioteca podes encontrar o título sobre a expedición: Novo Mundo conta a vida de Isabel Zendal, a enfermeira daquela expedición. Unha muller nada nunha humilde familia de campesiños e obrigada a criar ao seu fillo en solitario que acabou por converterse en elo imprescindible dunha xesta que supuxo un punto de inflexión na historia da medicina, dunha viaxe que cambiou o mundo tal e como se coñecía ata entón.

Novembro mes da ciencia na nosa biblioteca.

Imagen
  Novembro foi o mes da ciencia na nosa biblioteca. Celebrámolo coa exposición de maquetas da célula do alumnado de 4º da ESO. Ademais, propuxemos ler ciencia coas recomendacións á entrada da biblio e demos visibilidade aos nosos científicos e científicas. Ainda estades a tempo de visitalas! #bibliotecasescolaresdegalicia   #bescolaresgal   #bescolaresabertas   #plambe   #ciencia

Semana da Discapacidade

Imagen
  Do 27 de novembro ao 4 de decembro de 2023 o Parlamento Europeo comprometeuse a garantir que todas as persoas con discapacidade poidan levar unha vida independente e estar plenamente integradas na sociedade. Desde a Biblioteca queremos recomendarvos títulos relacionados coa igualdade de dereitos e oportunidades das persoas con discapacidade:

Xornada Cross Escolar en Lourenzá. PLAN PROXECTA.

Imagen
  Para o noso instituto a práctica deportiva é fundamental. Por iso, o pasado 17 de novembro, o alumnado de 1º e 2º da ESO participou na Xornada de Cross Escolar en Lourenzá. Moitas grazas polo esforzo aos/ás nosos/as deportistas! #planproxecta

Fondo pesar polo pasamento do escritor coruñes Miguel López, máis coñecido como Hematocrítico.

Imagen
  Hoxe queremos lembrar a Hematocrítico , autor infantil, comunicador, escritor e docente, que tristemente nos deixou onte. Desde a Biblioteca IES Vilar Ponte queremos enviar unha forte aperta á súa familia e persoas queridas. No noso recordo estarán todas as súas obras e a súa dedicación aos escolares.

25 anos do nacemento de Gloria Fuertes.

Imagen
  Cúmprense 25 anos do nacemento da escritora Gloria Fortes, galardoada co Diploma Hans Christian Andersen de Literatura Infantil. Seu centenario celebrouse en 2017. Polifacética nas súas facetas literaria e musical destacou sobre todo coas súas obras dedicadas ao público infantil e escolar. Se hai unha imaxe de Gloria Fortes no imaxinario colectivo é o da escritora percorrendo Madrid na súa moto ou recitando os seus poemas. En el árbol de mi pecho En el árbol de mi pecho hay un pájaro encarnado. Cuando te veo se asusta, aletea, lanza saltos. En el árbol de mi pecho hay un pájaro encarnado. Cuando te veo se asusta, ¡eres un espantapájaros!

25 de Novembro: Día Internacional contra a Violencia de Xénero.

Imagen
  Con motivo do día Internacional contra a Violencia de Xénero os alumnos de 3° PDC coa colaboración dos voluntarios da Biblioteca realizaron un mural sobre o 25 N. O mural cóntanos a historia das irmás Mirabal , coñecidas como "As Bolboretas", mulleres que loitaron pola liberdade do seu país e que foron asasinadas o 25 de novembro de 1960. A partir deste feito, o mural recolle todos as datas importantes no avance contra a violencia de Xénero.

21 DE NOVEMBRO: DÍA DA ACTRIZ MARÍA CASARES

Imagen
 Celebramos o nacemento da actriz coruñesa María Casares na nosa Biblioteca cunha das novedades de recente adquisición: o libro de María Canosa. ilustrado por Bea Gregores e editado por Bululú. Para saber máis sobre María Casares, podes navegar na páxina do seu centenario: 2022 CENTENARIO MARÍA CASARES

PREMIADOS CONCURSOS DO SAMAÍN

Imagen
 Esta semana resolvimos os concursos do Samaín. Parabéns á gañadora ao Mellor Microrrelato do Samaín en galego: Karla Victoria Fuenmayor Blanco e ó gañador do Concurso de Personaxes Ocultos do Samaín: Antón Manso Pazos.

CONCURSO DE POSTAIS DO IES VILAR PONTE 2023

Imagen
  CONCURSO DE POSTAIS DO IES VILAR PONTE 2023  BASES: 1.Poderá participar todo o alumnado matriculado neste IES no curso 2023/24. 2.Os traballos presentados a concurso   deberán ser orixinais e inéditos. Os textos que acompañen as ilustracións poderán estar redactados indistintamente en galego, castelán, inglés ou francés. 3. O tema estará relacionado co Nadal ( pode ser relixioso ou non). 4. O tamaño da postal tradicional será exclusivamente en tamaño folio ou menor. 5. A técnica será libre (agás tratamento informático) sobre cartolina branca ou de cor. 6. Haberá dúas modalidades, a de POSTAL TRADICIONAL, e a POSTAL TRIDIMENSIONAL. Para a postal tradicional haberá as seguintes categorias: PRIMEIRA CATEGORÍA: Alumnos-as de 1º ciclo da ESO ( 1º e 2º da ESO) SEGUNDA CATEGORÍA: Alumnos-as de 2º ciclo da ESO ( 3º e 4º da ESO) TERCEIRA CATEGORÍA: Alumnos-as de 1ºe2º de Bac. PARA A POSTAL TRIDIMENSIONAL SÓ HABERÁ UNHA CATEGORÍA. 7. Cada participante entregará unha

17 de novembro, Día Internacional do Estudante.

Imagen
 Parabéns estudantes!!! Hoxe celébrase o voso día e dende a Biblio IES Vilar Ponte felicitamosvos e recordamos o importante que son as nosas Bibliotecas escolares como espazo académico e de traballo para os estudantes, docentes e demais membros da comunidad educativa.

Novembro, mes da Ciencia.

Imagen
Ler Ciencia na Biblioteca: a exposición do mes novembro, mes da Ciencia, está dedicada as mulleres científicas, aos inventores e inventoras galegas e sobre todo aos títulos da nosa biblioteca para animarvos a ler sobre ciencia.

11 de Novembro, Día das Librarías

Imagen
Hoxe, 11 de Novembro celebrase o Día das Librarías, lugares máxicos onde atopar centos de historias entre as pàxinas dos seus libros.

10 de Novembro, Día Mundial da Ciencia para a Paz e o Desenvolvemento.

Imagen
Hoxe, 10 de Novembro celebrase segundo a UNESCO o Día Ciencia para a Paz e o Desenvolvemento. Xerar coñecemento e comprensión a través da Ciencia pode permitir atopar solucións años graves problemas económicos, sociais e ambientais actuáis e lograr un Desenvolvemento sostible e unas sociedades máis verdes

9 DE NOVEMBRO, DÍA DOS INVENTORES.

Imagen
  Hoxe, 9 de novembro celebramos o nacemento de Hedwig Eva María Kiesler, coñecida como Hedy Lamarr, foi unha actriz de cinema e inventora austríaca. Inventou a primera versión do espectro alargado que permitiría as comunicacions inalámbricas de longas distancias.

Emprestar, doar. Contamos contigo?

Imagen
  Todos e todas formamos parte desta comunidade educativa, así que, por que non axudarnos entre nós?     Se tes libros de lectura obrigatoria na casa podés colaborar de xeito altruista coa biblioteca e cós teus compañeiros e compañerias.

Día da Biblioteca. Visita a Biblioteca del IES Vilar Ponte

Imagen
Ademais de visitar a biblioteca municipal, o alumnado de 1º e 2º da ESO participou nunhas sesións de formación coas profes do Equipo da Biblioteca. Coñeceron as salas, a CDU, aprenderon a buscar materiais a través dun xogo de pistas e descubriron as actividades e proxectos nos que participamos.

2 de novembro, Día Internacional Contra a Violencia e o Acoso Escolar.

Imagen
  Hoxe, 2 de novembro, conmemórase o Día Internacional Contra a Violencia e o Acoso Escolar. Desde o ano 2013, cada primeiro xoves deste mes realízase esta celebración para concienciar sobre este problema mundial ao que nos enfrontamos. Desde a Biblioteca Vilar Ponte queremos contribuír co noso gran de area para axudar a acabar co acoso escolar que afecta a nenos e novos. Por iso recomendámosvos unha serie de libros que axudan a combatir o acoso.

Visita a Biblioteca municipal de Viveiro.

Imagen
  Co gaio do día das bibliotecas, o alumnado do IES Vilar Ponte visitou a biblioteca municipal do noso concello. Descubrimos a cantidade de recursos e servizos que nos ofrece, ademais de achegarnos a un arquivo histórico cheo de curiosidades. Aproveitamos a viaxe á biblioteca para visitar a exposición A miña vida na arte, unha serie de fotos feita por Saúl Jiménez coa colaboración dos usuarios e usuarias de Aspanane.

CONCURSO SAMAIN: ADIVIÑA PERSONAXES LITERARIOS E DA CULTURA POPULAR

Imagen
13 personaxes misteriosos da literatura e da cultura popular... Adiviña a silueta y participa!  Só tes que encher a folla de participación e depositala na caixa do concurso.