Entradas

Mostrando entradas de abril, 2013

Os nosos siareiros nun recreo

A verdade é que este ano estamos encantados coa cantidade de siareiros que temos na biblio en cada recreo. Os empréstitos cada vez son máis numerosos e, a pouquiños, medramos e medramos. Grazas a vós, a biblio estase convertindo no que ten que ser: un dos alicerces da nosa comunidade educativa. Aquí o podedes ver: Un día na biblio no curso 2012-13 - foto montaje

Adeus, JOSE LUIS SAMPEDRO

Imagen
A Asesoría de Bibliotecas Escolares de Galicia, para RedeLectura vén de publicar unha interesante nota sobre o pasamento de José Luis Sampedro, que vos achegamos a continuación. Tómade nota dos enlaces, son moi interesantes tamén: Un nome que sempre nos trouxo intelixencia e pensamento. Un economista que sempre tivo presente que esta estaba ao servizo da colectividade. Uns libros para ler e... ler e... ler. Moito van ter que ler os clubs e moito botarán de menos esa referencia viva. Un vello que nunca foi vello. Un home de idade que nunca debía morrer. Un pensador que sempre nos fará falla. Nin damas de ferro nin iconas da imaxe. Escritores que souberon envellecer... Se algunha vez a colectividade lle puxo o seu nome a unha rúa, cole, biblioteca, aula,... non terá que arrepentirse. Autor de grandes novelas: La sonrisa etrusca , Octubre, octubre La vieja sirena El río que nos lleva ... Autor de libros de economía: El mercado y nosotros El merca