Entradas

Mostrando entradas de mayo, 2014

Procura de información na rede

Aprender a buscar na rede con eficiencia from olga rodriguez diaz Cos nosos parabéns por este espléndido traballo a Olga Rodríguez Díaz (CEIP Milladoiro de Malpica) e a Charo Sánchez-Gabriel (IES Sánchez Cantón de Pontevedra). Grazas por compartilo.

De aqueles contos...a novos finais

Como cada ano, as bibliotecas dos centros da Mariña lucense de Viveiro e outros próximos a el celebramos o Día do Libro preparando nos centros unha actividade conxunta que logo é exposta na Casa do Concello de Viveiro durante a semana que precede ao Día das Letras Galegas. Durante a semana da exposicións hai sesións de contacontos, actuacións musicais, etc. que fan as delicias dos máis pequenos viveirenses que acoden a velos. Este ano a actividade consistía en recoller un conto tradicional e darlle un novo final. Ademais, había que rematalo cunha pequena obra plástica. Aquí vos deixo as fotos da exposición: Exposición no Concello 2014 - Movie Maker Este ano o noso centro participou cunha actuación de contacontos musicados que podedes ver aquí: Actuación Concello 2014 - Movie Maker Podedes ver máis sobre a exposición neste ENLACE Outras bibliotecas dan conta nos seus blogs deste traballo de ilusión conxunta. Podedes velo clicando sobre o nome dos centros:

12 de maio: Día Escolar das Mat3máticas

Imagen
Un ano máis celebramos o Día Escolar das Mat3máticas desde a biblioteca en colaboración co Departamento de Matemáticas. Este ano foi cun "Gran maratón mat3mático" que tivo lugar na sala de lectura do edificio II durante os dous recreos no que podía participar todo o alumnado de 1º e 2º da ESO.  A rapazada de 1º demostrou unha vez máis que vén pisando forte e participou activamente. Velaquí tedes as fotos dese día. Día das Mates 2014 - Movie Maker Tras comprobar os acertos nas probas, os participantes foron convocados á recollida de premios o pasado venres na biblioteca. Estes foron os gañadores: 1º premio: MATEO ESCOURIDO GARCÍA (1º C) 2º premio: MATEO PIÑÓN RIVEIRA (1º A) 3º premio (ex aequo entre varias rapazas de 1º B moi "coloboradoras" entre elas):                   NOELIA BLANCO VÁZQUEZ                  ÁNGELA FERNÁNDEZ PÉREZ                  CLAUDIA GOAS HERBÓN                  ENYA OTERO CONDE Premios Día das Mates - Mo

Visita do doutor Ángel Carracedo ao noso centro

Imagen
Hai poucos días recibimos a visita de Ángel Carracedo Álvarez. Catedrático de Medicina Legal, hai quen di que é o científico que traballa en Galicia de máis proxección internacional. Licenciado e doutor en Medicina pola Universidade de Santiago é o creador dun grupo que na actualidade é o líder mundial en xenética forense e de referencia en xenómica comparada e de poboacións. Podedes saber máis sobre a súa visita consultando o blog do ies cliclando en info+