Entradas

Mostrando entradas de abril, 2024

23 de Abril Día do libro solidario

Imagen
Os alumnos da ESO do IES Vilar Ponte, están a recadar donativos a través da ONG Save the Children con o seu proxecto contra a desnutrición infantil. Fixeron unha chea de marcapáxinas solidarios para que entre toda a comunidade escolar poida colaborar o Día do libro con a causa.

23 de Abril. Celebramos o Día do libro na Biblioteca IES Vilar Ponte

Imagen
  Na Biblioteca do IES Vilar Ponte estamos a celebrar o día do libro con un concurso de propostas lectoras: Membros da comunidade educativa fixeron as súas recomendacións literarias e os alumnos poderán participar no concurso: Quen recomenda cada libro? Unha proposta que achega aos memebros da comunidade escolar a través dos libros.

Nova doazón de xogos de mesa: CuBirds, Patchwork e Welcome hacia el perfecto hogar.

Imagen
Recentemente, Ángela, a coordinadora da biblioteca e profesora de Xeografía e Historia, sorprendéunos cunha xenerosa doazón de tres xogos de mesa: CuBirds, Patchwork e Welcome Hacia el Perfecto Hogar. Non poderiamos estar máis emocionadas! Estes xogos non só nos brindarán horas de diversión, senón que tamén nos ensinarán a traballar en equipo, a desenvolver estratexias e a fomentar a creatividade. Estes xogos xa están dispoñibles na noss biblioteca e podedes pasar a probalos.

VISITA A EXPOSICIÓN "CHICAS NUEVAS 24H" E VISIONADO DO DOCUMENTAL DE MABEL LOZANO " AVA" Mejor Documental Premios Goya

Imagen
  O pasado mércores, o alumnado de 3º da ESO tivo a oportunidade de descubrir a impactante exposición “Chicas Nueva 24h”, inspirada no documental de Mabel Lozano. 💡🎥 Durante esta saída escolar, exploramos as historias e realidades detrás do tráfico de persoas cunha visita guiada á exposición, seguida da proxección do documental que nos fixo reflexionar sobre a importancia da conciencia social e o activismo. Ademais, participamos nun taller onde profundizamos na temática a través de dinámicas e actividades significativas. 💬💡 Foi un espazo para o diálogo aberto, o aprendizaxe e a empatía. Grazas a esta experiencia, o noso estudantado non só ampliou os seus coñecementos, senón que tamén se sensibilizou sobre unha problemática global, fortalecendo o seu compromiso coa construción dun mundo máis xusto e equitativo. 🌍💫 Xuntos/as/es podemos facer a diferenza!

IV Certame de poesía Luz Pozo Garza

Imagen
 Dende o Equipo de Dinamización da Lingua Galega do IES Vilar Ponte convídase a todo o alumnado a participar no IV Certame de poesía Luz Pozo Garza con motivo de cuarto aniversario do pasamento da autora mariñá