Entradas

Mostrando entradas de octubre, 2023

Celebramos Samain

Imagen
Hoxe, 31 de outubro, celebramos Samain no IES Vilar Ponte con un magosto, concursos, exposicións  e unha biblioteca arrepiante.  

TRABALLOS DÍA DAS ESCRITORAS

Imagen
Hoxe mostramos os traballos de Lingua e Literatura Castelá dos alumnos de 2º da E.S.O. con motivo da celebración do Día das Escritoras. Podes atopalos na entrada da nosa Biblioteca con unha chea de recomendacións lectoras.

24 OUTUBRO 2023 FELIZ DÍA DA BIBLIOTECA!

Imagen
  O lema deste ano, “Tecendo comunidades”, pretende destacar o papel fundamental que desempeñan as bibliotecas na construción de lazos fortes dentro das nosas comunidades. Estas institucións son centros de conexión e aprendizaxe, onde as historias, as experiencias e os coñecementos son os fíos que unen á cidadanía. #bibliotecasescolaresdegalicia   #bescolaresgalabertas   #díadasbibliotecas   #bibliovilarponte

16 DE OUTUBRO DÍA DAS ESCRITORAS

Imagen
 Esta semana celebramos o día das escritoras. Fixémolo coa axuda dunha recomendación diaria, baseada naquelas obras propostas pola Biblioteca Nacional coas que contábamos na nosa biblioteca. Ademais, contamos cunha exposición de obras escritas por mulleres. Animádevos a coñecelas!

MOCHILAS VIAXEIRAS

Imagen
  Esta semana comeza a aventura das nosas mochilas viaxeiras.  Temos catro temáticas na nosa biblioteca: histórico-feminista, científica, ciencia ficción e terror. O contido de cada unha delas é ben variado, xa o iredes descubrindo: non queremos cargarnos a sorpresa!

VIVETERROR: O concurso de relatos de medo en galego.

Imagen
 Chegou outubro, o mes máis terrorífico! E con el o VIVETERROR o concurso de relatos máis arrepiante do ano. Participa!!!! BASES DO CONCURSO O relato debe ter un máximo de 100 palabras e estar escrito en galego. A temática debe ser de terror e estar relacionada co Sanmaín. Identifícate: ponlle nome e apelidos. Entrega o teu relato na Biblio Vilar Ponte antes do 3 de novembro. Un xurado formado por docentes decidirá cal e o mellor relato. A persoa gañadora recibirá un lote de libros.
Imagen
 

10 de Outubro, Día Mundial da Saúde Mental

Imagen
Hoxe, Martes 10 de outubro, celebramos o Día Mundial da Saúde Mental cunha exposición de diversos materiais (libros e películas) que abordan esta temática desde diferentes puntos de vista.

EXPOSICIÓN do conto artístico "Rulando unha historia"

Imagen
 Estas semanas podemos disfrutar da Exposición  EscribirARTE na nosa biblioteca. Trátase dun conto colaborativo e artístico no que participaron case vinte centros da Mariña lucense. A mostra permite desfrutar do proxecto creativo dos nosos alumnos e que leva por título  "Rulando unha historia".
Imagen
A biblioteca Vilar Ponte abre as súas portas de novo cunha chea de actividades e materiais para o próximo curso 2023-2024. Achégache e descobre: Torneos. Películas. Xogos de mesa. Novelas. Cómics. Exposicións. Clubs de lectura. Concursos. E ademais podes ser voluntario e contribuír á túa biblioteca escolar!!!