"El libro es fuerza, es valor, es poder, es alimento; antorcha del pensamiento y manantial del amor"
Rubén Darío

SEMANA DO AMOR: cara ao día de San Valentín (día 2º)

HOXE, NO SEGUNDO DÍA NO CAMIÑO A SAN VALENTÍN, TRES POEMAS DE AMOR


Mi reino por un “te amo”, sangrándote en la boca.
Mi eternidad por solo dos palabras.
Susúrralas o cántalas sobre un fondo real
-agua de manantial sobre los guijos,
saetas que desgarran con su zumbido el aire-
así la realidad hará que sean reales
las palabras que nunca pronunciaste
-¡por qué nunca las pronunciaste!-
y que ultrasuenan en un punto
del tiempo y del espacio
del que tengo que rescatarlas
antes de que me vaya.
Ven a decirme “te amo”;
no me importa que duren tus palabras
lo que la humedad de una lágrima
sobre una seda ajada.
(José Hierro)

Libertad no conozco sino la libertad de estar
preso en alguien
cuyo nombre no puedo oír sin escalofrío;
alguien por quien me olvido de esta existencia mezquina
por quien el día y la noche son para mí lo que quiera,
y mi cuerpo y espíritu flotan en su cuerpo y espíritu
como leños perdidos que el mar anega o levanta
libremente, con la libertad del amor,
la única libertad que me exalta,
la única libertad por que muero.
Tú justificas mi existencia:
si no te conozco, no he vivido;
si muero sin conocerte, no muero, porque no he vivido.
(Luis Cernuda)

Me gustas cuando dices tonterías,
cuando metes la pata, cuando mientes,
cuando te vas de compras con tu madre
y llego tarde al cine por tu culpa.
Me gustas más cuando es mi cumpleaños
y me cubres de besos y de tartas,
o cuando eres feliz y se te nota,
o cuando eres genial con una frase
que lo resume todo, o cuando ríes
(tu risa es una ducha en el infierno),
o cuando me perdonas un olvido.
Pero aún me gustas más, tanto que casi
no puedo resistir lo que me gustas,
cuando, llena de vida, te despiertas
y lo primero que haces es decirme:
«Tengo un hambre feroz esta mañana.
Voy a empezar contigo el desayuno».
(Luis Alberto de Cuenca)

SEMANA DO AMOR: cara ao día de San Valentín (día 1º)



POR QUE SE CELEBRA SAN VALENTÍN?

Como xa todos sabemos, San Valentín celébrase o 14 de febreiro. San Valentín foi o nome de varios mártires cristiáns e a festa foi establecida polo Papa Gelasio I no ano 496 d.C.
Neste día, tradicionalmente, as persoas que desexan mostrar o seu amor aos seus namorados ou amigos regalan flores, bombóns ou envían tarxetas.
Os símbolos do amor son o corazón, as pombas e o Cupido alado. Crese que esta tradición vén desde a Alta Idade Media, cando o poeta Chaucer, pai da lingua inglesa para moitos, escribiu os primeros versos de amor para celebrar o compromiso entre o rei Ricardo II e Ana de Bohemia. Floreceu na corte co intercambio de "notas" entre os nobres.
Esta tradición extendeuse en Estados Unidos e en Inglaterra dun xeito parecido a como a coñecemos hoxe en día a partir de mediados do século XIX, cando empezaron a facerse tarxetas de felicitación en serie. En España comezou a celebrarse a mediados do século XX, dise que por iniciativa de Galerías Preciados, para incentivar o mercado de agasallos despois da Guerra.
En todas as partes do mundo non se celebra na mesma data, pero si hai un día especial para celebrar o amor, a amizade, o cariño... en todas as culturas. Para saber máis, clica en info+

Non esquezades que o amor e a amizade hai que cultivalos e mantelos sans e fortes todos os días do ano. Necesitan grandes doses de tenrura, xenerosidade, comprensión e compromiso.
Pero se queredes algo máis especial... a todos nos gusta recibir unha flor ou unha nota de cando en vez.

"O ultimatum evolutivo"

"O ultimatum evolutivo" é unha curtametraxe realizada pola ONGD SETEM Comunitat Valenciana e o director gañador de dous Goyas, Pablo Llorens. Esta curta forma parte dun proxecto de sensibilización co que SETEM pretende concienciar sobre as causas e as consecuencias do consumo irresponsable e achegarnos alternativas positivas que están ao noso alcance.

Novas adquisicións da biblioteca


"Dicen que la comedia es una tragedia que le sucede a otro.Pero que en el Más Allá uno todavía tenga que hacer prácticas, a Charlotte no le hace ninguna gracia. Y menos si consisten en coger el teléfono en un centro de ayuda para adolescentes problemáticos. Hasta que un día recibe la llamada de su amiga Scarlet: una pedicura terriblemente torpe ha dejado a Petula, su hermana pija, en coma. Y además, Damen, el novio de Scarlet, parece que vuelve a sentir algo por Petula, aunque ésta esté inconsciente... Tal vez Charlotte sea la única persona que pueda solucionarlo... aun a riesgo de precipitar un fatídico final para todos".
O libro ten tanto éxito que ata hai unha web de fans en español, na que, entre outras cousas podes ler o primeiro capítulo do libro.

Novas adquisicións da biblioteca


"Niki es una joven madura y responsable que cursa su último año de secundaria. Alessandro es un exitoso publicista de 37 años a quien acaba de dejar su novia de toda la vida. A pesar de los 20 años de diferencia que hay entre ambos y del abismo generacional que los separa, Niki y Alessandro se enamorarán locamente y vivirán una apasionada historia de amor en contra de todas las convenciones y prejuicios sociales".

Se queres saber máis da novela ou mesmo ler o primerio capítula pincha no enlace
info+

Novas adquisicións da biblioteca


Na “Luzada”, a cafetaría de Patricia, conflúen cada mañá os camiños que transitan os personaxes de Ás de bolboreta , a novela de Rosa Aneiros gañadora do Premio Fundación Caixa Galicia de literatura xuvenil 2009. O de Manuel, un neno de orixe africana, a quen lle morreu a súa nai adoptiva, que comparte varias horas do día co seu avó. O de Lola e Eusebio, un matrimonio de persoas maiores que viven soas e deben enfrontar as difíciles decisións que esixen a vellez e a aparición da enfermidade. O de Iqbal, un mozo de pais paquistanís que decidiu marchar de Londres tras os atentados terroristas no metro de 2005. O de Aysel, unha kurda que manifesta a impotencia que sente pola indiferenza con que a comunidade internacional acolle a represión exercida contra o seu pobo por parte do goberno turco. O dos alpinistas do monte Gurugú, dous mozos nixerianos que tentan atravesar o valado da fronteira de Melilla para poder reunirse coa súa tía, que agarda todos os días no bar unha chamada que confirme a chegada dos seus sobriños a Galicia. E tamén o de Paco e Adolfo, dous homes covardes que non aprenderon a considerar as súas mulleres como compañeiras de viaxe, e o da señora Filomena, e o de Ana, e o de Fiño…

Anxo Moure, atrapador de contos

Co gallo do Día da Paz, hoxe visitou a nosa biblioteca AnxoMoure, atrapacontos e incansable activista ecolóxico. Co seu artiluxio de atrapar contos entusiasmou ós alumnos de 3º de ESO cos seus contos solidarios. Acompañado da súa bicicleta e do seu carballo con botas quixo concienciarnos sobre os valores da solidariedade, xustiza e liberdade.

Moitas grazas, Anxo.




ADRIÁN SILVENT MASEDA de 3ºA cóntanos as súas impresións:

¡Hola! El cuentacuentos me gustó mucho porque Anxo supo contarlos muy bien. Me gustó mucho, por otra parte, también porque la ONG ayuda a todos los niños que no tienen cultura, porque no tienen acceso a bibliotecas.

Lo que hace Anxo y sus compañeros es instalar bicicletas por los parques para que los profesores o los médicos puedan acceder a su trabajo sin ningún tipo de problema. Anxo ayuda a la gente que no tiene cultura para que se sepan defender en la vida y no sean como mulas de carga. Anxo parece una persona muy simpática, con amor a los niños y que disfruta viéndolos sonreír. Desde el primer momento supo transmitir lo que quería decir (que se acaben las guerras) sacándonos una sonrisa a todos los niños como a él más le gusta.

Me parece una manera muy buena de que la gente aprenda. Le agradecemos mucho esta sesión de cuentacuentos.

Collejeros: enganchados al libro



Engánchate ti tamén aos libros!

Día da paz


As nosas suxestións para o Nadal

Club de lectura

Xa sabemos que tardamos moito en ofrecervos novas sobre o Liber amoenus,o noso club de lectura. Sen embargo, aquí estamos, organizando os distintos grupos. Non esquezas que podes seguir todas as novas no blog.
Pica no título desta entrada e irás directamente ao blog.

25 de novembro: TOD@S CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO




Co noso agradecemento a Loly Lago de Fene.



Co noso agradecemento a Gracia.

Anxo Fariña no noso insti!



Mañá xoves vainos visitar Anxo Fariña, que como sabedes é un gran deseñador, ilustrador e escritor. Ofrecerá un taller de debuxo ós alumnos de 1º de ESO e, como el mesmo di, dibuxará con palabras e escribirá con debuxos. Os afortunados van levar material para facer os seus bocetos coa axuda do debuxante.
Ademáis de polos seus numerosos contos infantís, é moi coñecido pola súa colección de Os Megatoxos dos que hai verdadeiros fans entre os vosos compañeiros. Esperámolo con impaciencia!

Noticias breves



Mañá mércores teremos unha exposición de setas na biblioteca. O Departamento de Bioloxía organiza unha saída ó monte A Gañidoira cos alumnos de 1º de Bacharelato coa optativa de Bioloxía e cos de 4º de PDC. A partir das 12'30 expoñerán os exemplares recollidos na biblioteca. Podedes velos só ata o xoves, xa que non aguantarán en bo estado moito máis tempo.

Por outro lado, como podedes ver, estamos decorando a biblioteca para celebrar o Samaín. ¡Admitimos suxerencias! Poñeremos un expositor de libros de terror e haberá un contacontos para os alumnos de 1º e 2º de ESO.

Irémosvos informando de todo isto. ¡Animádevos a participar!

Bicentenario de Charles DARWIN

Co gallo do Bicentenario do nacemento de Charles Darwin e o 150º aniversario da publicación do seu libro A orixe das especies, o Departamento de Ciencias Naturais en colaboración coa biblioteca e o seu obxectivo dinamizador elaborou uns paneis sobre as devanditas efemérides.
O panel consta de seis módulos individuais que tratan de diferentes temas relacionados coa evolución das especies ou coa vida de Charles Darwin, utilizando como nexo as letras do seu nome: D (Diversidade), A (Actualismo), R (Revelación: a viaxe no "Beagle"), W (Wallace), I (Idea: a selección natural) e N (Neodarwinismo).

Esperamos que vos guste. Estará enfronte da sala grande da biblio (no corredor da cafetería) ata finais de curso.



Juan Marsé, Premio Cervantes

O Premio Cervantes foi instituído en 1974 e é concedido anualmente polo Ministerio de Cultura español a proposta das Academias da Lingua dos países de fala hispana. Está recoñecido como o galardón literario máis importante en lingua castelá e destinado a distinguir a obra global dun autor en lingua castelá cuxa contribución ao patrimonio cultural hispánico teña sido decisiva.

O rei de España, Xoán Carlos I, preside a entrega deste galardón que ten lugar no Paraninfo da Universidade de Alcalá o 23 de abril, Día do Libro, de cada ano.

Este ano foi adicado a Juan Marsé, autor español nado en 1933. As obras de Marsé sitúanse na súa Barcelona natal, en concreto no barrio de Guinardó (onde se criou) ou noutros próximos a este. En todas elas relata feitos vividos na época de postguerra ou durante o Franquismo. Analiza a degradación moral e social da postguerra, as diferenzas de clase barcelonesa, a memoria dos vencidos, os enfrontamentos entre traballadores e burgueses universitarios e a infancia perdida, sempre con ironía, sátira e un certo humorismo.


Pica no título desta entrada e poderás acceder á páxina web oficial de Juan Marsé.

23 de abril, Día do Libro


O 23 de abril de 1616 falecían Cervantes, Shakespeare e o cronista Garcilaso de la Vega (O Inca). Tamén o 23 de abril naceron -ou morreron- outros escritores sobranceiros como Maurice Druon, K. Laxness, Vladimir Nabokov, Josep Pla ou Manuel Mejía Vallejo. Por este motivo, esta data tan simbólica para a literatura universal foi escollida pola Conferencia Xeral da UNESCO para render unha homenaxe mundial ao libro e aos seus autores, e estimular a todos, en particular aos máis novos, a descubrir o placer da lectura.

O 23 de abril é o día de San Jordi (San Xurxo ou San Jorge) e en Cataluña celébrase dun xeito especial: alí é tradicional que os homes agasallen con rosas ás mulleres e elas lles correspondan cun libro.
A nosa celebración deste ano consiste nunha xornada de "portas abertas", na que todo aquel que veña pola biblioteca (a calquera das dúas salas) recibirá de agasallo un libro, un marcapáxinas e un pin. Ademais, é a data escollida para facer a presentación dos catro blogs dependentes da biblioteca.

A nosa celebración do Día da Terra o 22 de abril

Nós queremos conmemorar o Día da Terra desde a biblioteca coa recomendación dunha lectura moi interesante: La Tierra herida ¿Qué mundo heredarán nuestros hijos? de Miguel Delibes y Miguel Delibes de Castro.


Nel os dous autores dialogan sobre o papel do home no noso planeta. Miguel Delibes (escritor de recoñecido prestixio e cazador) pregunta ao seu fillo (Doutor en Ciencias Biolóxicas e membro do Consello Superior de Investigacións Científicas) sobre os problemas ecolóxicos aos que se enfronta o Planeta neste novo século. O pai pregunta e o fillo responde con rigor, pero afastado de tecnicismos. Se xa eran ben coñecidas a sinxeleza e a precisión narrativas de Delibes, nesta obra quedan patentes unha vez máis.


La Tierra herida
é un libro ameno e de fácil lectura, imprescindible para entender o que se nos aveciña se a especie humana non toma conciencia das agresións que está soportando a biosfera do noso planeta.

22 de abril, Día da Terra


O Día da Terra é un día festivo celebrado en moitos países. O seu promotor foi o senador estadounidense Gaylord Nelson, que no ano 1962 comenzou a presionar para que o tema do medio ambiente formase parte da axenda gubernamental de John Kennedy. No ano 1970 celebrouse o primeiro Día da Terra o 22 de abril (equinoccio de primavera no hemisferio norte) coa necesidade de crear unha conciencia común aos problemas da contaminación, a conservación da biodiversidade e outras preocupacións ambientais para protexer o Planeta.

Nesa primeira convocatoria participaron dúas mil universidades, dez mil escolas primarias e secundarias e centenares de comunidades. Con tal presión social ese mesmo ano Richard Nixon creou a Axencia de Proteción Medioambiental e promulgou unha serie de leis coa finalidade da proteción do medio ambiente. A partir de aí, celébrase o Día da Terra. Neste día todos estamos invitados a participar en calquera actividade que promova a saúde do noso planeta, tanto a nivel global como local.

Neste ano, para celebrar o Día da Terra, Disney crea Disneynature, un selo que nace coa intención de estrenar unha longametraxe documental por ano referida á natureza. A primeira película de Disneynature terá a súa estrea mundial este mércores 22 e leva por título A Terra. Está narrada por James Earl Jones e conta a historia de tres familias de animais e as súas asombrosas viaxes a través do planeta.

Día da muller

Vimos de retirar da biblioteca a exposición que fixemos co gallo do “Día da muller” o pasado 8 de marzo. Nesa semana todos os alumnos de 1º da ESO pasaron pola sala grande da biblioteca para buscar información sobre mulleres que marcaron a historia.

A actividade consistía en ordenar unha serie de “fichas”: unhas tiñan o nome dunha muller sobranceira; outras tiñan a súa foto; outras, algún dato da súa biografía; e as outras, algo destacado da súa obra. Cos datos extraídos a partir de fontes tradicionais –enciclopedias, libros de historia, dicionarios...- e das fontes de información tecnolóxicas, os rapaces ordenaron estas fichas e fixeron un panel que estivo exposto ata agora.

Velaquí tedes algunhas fotografías:

O "liber amoenus" está en marcha

O pasado día 2 de abril tivemos a primeira reunión do club de lectura (podes seguir toda a información no blog, tes o enlace á dereita). Sobrepasadas todas as nosas expectativas, apuntáronse corenta persoas de 1º de Bac e 4º da ESO e mesmo temos tamén a unha rapaza de 2º de Bac. Iso significa a necesidade dun feixe de libros de Asasinato no Orient Express. E tivemos que recorrer ao préstamo interbibliotecario con outros institutos.
Desde aquí queremos agradecer a colaboración dos nosos colegas lectores:
- os nosos veciños, o IES María Sarmiento;
- o IES de Fene -e a profe Sandra, de Francés, que nos trouxo os libros-;
- o IES de Mondoñedo -e a Arabia e a Ásun-.

Grazas a todos.

Vive connosco nun "liber amoenus"

Estamos de estreo.

Andamos poñendo en marcha o primeiro club de lectura do Vilar Ponte. Xa ten nome, liber amoenus, xa ten membros anotados, de 4º e 1º de Bac, e xa ten blog.
E como empezamos ambiciosos, imos comenzar uníndonos ao IES de Foz na lectura dun clásico de tódolos tempos, Asesinato en el Orient Express de Agatha Christie. Primeiro faremos unha reunión no noso centro para comentar a obra e logo unha reunión conxunta a través de vídeo-conferencia, dependendo dos medios do Concello.

Tedes o enlace ao blog de liber amoenus na columna do centro. Alí iremos poñendo máis información.

Esperamos contar cada vez con máis membros e poder facer grupos doutros cursos. Animádevos!

Outra de felicitacións

Outro dos nosos siareiros, Javier Otero Penabad (2º Bac), tamén está de noraboa.
A Universidade Francisco de Vitoria de Madrid promove as chamadas Becas Europa, 50 becas para visitar as mellores universidades europeas. Javier optaba a unha delas. Aínda que acabamos de coñecer que non puido conseguir unha destas desexadas becas, debemos felicitalo, pois foi un dos tres galegos seleccionados dos douscentos alumnos de toda España elexidos despois de superar dúas fases eliminatorias. Lembremos que comenzaron o proceso un total de 5500, polo que chegar ata aquí foi un importante logro. NORABOA!

II Liga de Debate


A piques estiveron de vencer.
Aínda que xa foi en xaneiro, queremos comenzar este blog da biblioteca cunha ben merecida felicitación aos nosos representantes na II Liga de Debate. Como xa sabedes -na foto de dereita a esquerda- Sara Yáñez Soto (2º Bac), David González Martínez (1º Bac), Vanesa González Martínez (2º Bac) e Diego Río Fernández (2º Bac), capitaneados por Anselmo Lorenzo (Historia) e apoiados por Azucena Matilde (Bio) quedaron segundos nesta edición da Liga celebrada en Santiago.
Nalgunha ocasión estiveron preparándose na biblio (recoñecedes onde fixeron a foto, verdade?) , polo que é obrigado recordar o papel desenrolado por estes siareiros. Foron superando distintas roldas ata chegar á final. Foi especialmente interesante a semifinal onde venceron, sorprendendo a algúns, ao Colexio Peleteiro de Santiago. Finalmente foron superados polos representantes do IES Rosalía de Castro, tamén da capital compostelá.
Por isto, anque felicitando desde aquí aos gañadores, queremos dar os nosos parabéns a este equipo, que, para nós, son os mellores. NORABOA, rapaces!