Entradas

Mostrando entradas de abril, 2012

Día do Libro 2012 co agasallo de Agustín Fernández Paz:"Os ríos da vida"

Imagen
"Din que todas as persoas necesitamos as historias, tanto coma a auga que bebemos, tanto coma o pan de cada día. Que sorte, que sexan tan doadas de conseguir! Só hai que abrir un libro e deixarse arrastrar polo río das palabras, esas que fan nacer dentro de nós outros mundos e outras vidas. Semella cousa de maxia que os libros garden tantas marabillas no seu interior: a emoción do inesquecible primeiro bico; a voz pausada e sabia do ancián da tribo; as conversas das mulleres que traballan arreo nos arrozais do delta do Mekong; os andares pousóns dos camelos, a avanzaren coa caravana polas areas do deserto; o espanto ante os perigos que a escuridade agocha, nun bosque inmenso ou no corredor da nosa casa; a soidade e as dúbidas de cando temos quince anos; as vidas de hai mil anos, cando o mundo era doutro xeito; ou as de dentro de mil anos, nun planeta que agoniza; a fascinación polas estrelas, que nos envían a súa luz desde os abismos do espazo-tempo; o desesperode sentirse só

Centenario a inauguración e afundimento do Titanic

Como todo o mundo sabe a través do cine, o Titanic foi, no seu tempo, o barco de pasaxeiros máis grande e máis luxoso do mundo. A súa viaxe inaugural inciouse o 10 de abril de hai 100 anos desde Southampton (Inglaterra) con destino a Cherburgo, Queenstown e finalmente a Nova York. Sen embargo, catro días máis tarde, ás 23:40 horas do 14 de abril, o buque bateu cun iceberg ao sur das costas de Terranova, a afundiu ás 2:20 da mañá do 15 de abril. Partiu cara a Nova York con 2.227 persoas e rematou a súa singladura coa morte de 1.517 persoas, sendo daquela o peor desastre marítimo en tempo de paz.

Un premio para un dos nosos siareiros

Imagen
O pasado 8 de marzo, un dos nosos siareiros, Eugenio Martínez Canay foi galardonado co primeiro premio do certame de narrativa xuvenil "Entre iguais" do Concello de Lugo, na categoría de 12 a 14 anos. O Alcalde de Lugo, José López Orozco, e a Concelleira de Benestar Social, Igualdade e Xuventude, Carmen Basadre, presidiron o acto en conmemoración do Día Internacional da Muller, no que se fixeron entrega dos premios. Noraboa, Eugenio!

Día das Letras Galegas 2012: Valentín Paz Andrade

Co noso agradecemento á Bibliocondesa do CEIP Condesa de Fenosa do Barco de Valdeorras (Ourense)

As mellores películas sobre educación

Imagen