A Asesoría de Bibliotecas Escolares de Galicia, para RedeLectura vén de publicar unha interesante nota sobre o pasamento de José Luis Sampedro, que vos achegamos a continuación. Tómade nota dos enlaces, son moi interesantes tamén: Un nome que sempre nos trouxo intelixencia e pensamento. Un economista que sempre tivo presente que esta estaba ao servizo da colectividade. Uns libros para ler e... ler e... ler. Moito van ter que ler os clubs e moito botarán de menos esa referencia viva. Un vello que nunca foi vello. Un home de idade que nunca debía morrer. Un pensador que sempre nos fará falla. Nin damas de ferro nin iconas da imaxe. Escritores que souberon envellecer... Se algunha vez a colectividade lle puxo o seu nome a unha rúa, cole, biblioteca, aula,... non terá que arrepentirse. Autor de grandes novelas: La sonrisa etrusca , Octubre, octubre La vieja sirena El río que nos lleva ... Autor de libros de economía: El mercado y nosotros El m...