Boas de novo! Despois de tanto tempo ser aparecermos por aquí, qué mellor forma de retomar o contacto que contándovos as actividades que temos feito neste pasado mes de abril: o MES DO LIBRO. Para comezar, un marabilloso grupo de rapazas e rapaces de 1º da ESO prepararon unha serie de contos que, de moi diversas formas, contaron ás nenas e nenos do cole San Roque. Houbo de todo: monicreques, kamishibai, representacións... Como disfrutamos, tantos nós, coma eles!!!! Grazas ás rapazas e rapaces que participastes, pero tamén ás profes do cole San Roque pola súa disponibilidade, especialmente a Mercedes, e, sobre todo, ás nenas e nenos de 3 anos, que nos sorprenderon cun recital de poesía. Que marabillosas son as colaboracións entre centros, a convivencia interxeracional e A POESÍA!!!!!!!! Días despois, e aproveitando que xa nos chegaron os datos dos novos usuarios ELBE, fixemos una sesión de formación para aprender ...