
RECOMENDACIÓNS LECTORAS PARA UN SAMAÍN DE MEDO Para esta ponte espeluznante, o equipo da biblio quere propoñer lecturas e pelis para pasalo o máis terrorificamente posible. E... que mellor forma que amosando directamente as obras que consideramos imprescindibles? Nesta exposición, a entrada da biblioteca, atoparedes de todo: pelis, novelas en galego, en castelán e en inglés e incluso cómic. Non podedes perder estas fantásticas historias.