Xa estamos en maio e, como é habitual, imos festexar o día das nosas letras, das Letras Galegas. Aínda que este ano é máis que excepcional e non poderemos facer nada no instituto, si vos queremos propoñer algunha cousiña deste xeito. A RAG decretou que a celebración se trasladase a outubro, pero por si queres ir coñecendo algo sobre a figura de Ricardo Carvalho Calero, a quen se lle adican este ano as Letras, podes botarlle esta ollada ao vídeo feito polo alumnado do Colexio San Pío X, de Ourense: Na web hai multitude de recursos para pasar un bo rato na compaña de Carvalho Calero e coñecelo algo mellor. Esta é unha selección. Don Ridardo (xogo para o primeiro ciclo da ESO) Primavera das letras (para primeiro ciclo da ESO) Entrevista a Carbalho Calero (para segundo ciclo da ESO e bacharelato, de gran axuda para o estudo da literatura da época) Rede lectora (con novidades editoriais sobre a figura de Carvalho Calero, que estás á vosa disposición no Elbe-2) Pa...