A pintora Maruja Mallo nacía o 5 de xaneiro de 1902 en Viveiro. Maruja sentiu desde pequena paixón pola arte que o seu pai axudou a desenvolver permitíndolle estudar en distintas escolas artísticas ata que, cando a familia trasladouse a Madrid, empezou a estudar na Real Academia de Belas Artes de San Fernando. Alí coñeceu a algúns dos grandes xenios da súa época como Dalí, Buñuel ou García Lorca. Na década dos 20 empezou a colaborar en distintas publicacións literarias e deseñou a portada de varios libros. En 1928 organizouse nos salóns da Revista de Occidente a primeira exposición coa súa obra. Desde entón, os seus magníficos cadros cheos de luz e de vida convertéronse en parte da vangarda artística. En 1932 marchouse a París grazas a unha bolsa da Xunta de Ampliación de Estudos onde continuou perfeccionando a súa arte e entrando en contacto co máis selecto do surrealismo francés. Ese mesmo ano expoñía na Galería Pierre. Mallo traballou con Alberti, Miguel Hernández e outr...