Entradas

Mostrando entradas de mayo, 2025

17 de maio - Día das Letras Galegas 2025

Imagen
 Bo día a todas e todos! Hoxe vimos contarvos o que fixemos o venres pasado, en colaboración co equipo de Dinamización da Lingua Galega para celebrar o 17 de maio, Día das Letras Galegas . Ao longo da mañá, o alumnado e algúns profes tiveron que completar o mural que deseñou Sara dende Dinamización, e viñeron por grupos con moita ilusión a aportar o seu graniño de area, cada un cun adhesivo para formar o mural. Este adhesivo, colocado nas súas mesas previamente, ía acompañado das instrucións de como utilizalo e duns versos de diferentes coplas tradicionais que algúns se animaron a recitar a viva voz. Ademáis deste mural tan chulo formado por todos e cada un dos alumnos e alumnas que forman parte do centro, parte do equipo de biblio, de Dinamización e ata a conserxe María, moi ben rodeadas dun grupo de alumnas, honramos á música e á tradición oral que se celebra neste día facendo de cantareiras durante o recreo, cantando temas tan coñecidos como Catro vellos mariñeiros . Foi un día...

13-15 de maio - Semana do teatro na Microrrede da Mariña

Imagen
 Bo día a todxs! Esta semana foi moi esperada e especial. Na sala multiusos do Concello de Viveiro montamos a exposición anual da Microrrede de Bibliotecas Escolares da Mariña. Neste espazo, ademáis de diversas maquetas e xogos de dez centros que integran a Microrrede, outros sete, entre os que se atopaba o noso grupiño do IES Vilar Ponte, levaron a cabo representacións teatrais. Da presentación do evento, o martes 13, encargouse tamén a responsable da Biblioteca do IES Vilar Ponte, Xiana, nunha celebración do teatro, da lectura e da creatividade na que estivemos acompañadxs por Carlos Labraña, dramaturgo moi recoñecido en Galicia. Na súa 14ª edición, esta iniciativa da Microrrede continúa a poñer en valor o poder transformador das artes escénicas. O grupo de voluntarios de biblio do IES Vilar Ponte que sacou adiante a obra representada, titulada Os Activados,  deixou o nivel ben alto a pesares dos nervios. Foi unha experiencia moi interesante e divertida que se repetirá no no...