VISITA A EXPOSICIÓN "CHICAS NUEVAS 24H" E VISIONADO DO DOCUMENTAL DE MABEL LOZANO " AVA" Mejor Documental Premios Goya

 O pasado mércores, o alumnado de 3º da ESO tivo a oportunidade de descubrir a impactante exposición “Chicas Nueva 24h”, inspirada no documental de Mabel Lozano. 💡🎥

Durante esta saída escolar, exploramos as historias e realidades detrás do tráfico de persoas cunha visita guiada á exposición, seguida da proxección do documental que nos fixo reflexionar sobre a importancia da conciencia social e o activismo.

Ademais, participamos nun taller onde profundizamos na temática a través de dinámicas e actividades significativas. 💬💡 Foi un espazo para o diálogo aberto, o aprendizaxe e a empatía.

Grazas a esta experiencia, o noso estudantado non só ampliou os seus coñecementos, senón que tamén se sensibilizou sobre unha problemática global, fortalecendo o seu compromiso coa construción dun mundo máis xusto e equitativo. 🌍💫 Xuntos/as/es podemos facer a diferenza!



Comentarios

Entradas populares de este blog

Vive connosco nun "liber amoenus"

8 de marzo: Día da muller

17 de marzo, día do cómic.