domingo, 22 de marzo de 2009

Vive connosco nun "liber amoenus"

Estamos de estreo.
Andamos poñendo en marcha o primeiro club de lectura do Vilar Ponte. Xa ten nome, liber amoenus, xa ten membros anotados, de 4º e 1º de Bac, e xa ten blog.
E como empezamos ambiciosos, imos comenzar uníndonos ao IES de Foz na lectura dun clásico de tódolos tempos, Asesinato en el Orient Express de Agatha Christie. Primeiro faremos unha reunión no noso centro para comentar a obra e logo unha reunión conxunta a través de vídeo-conferencia, dependendo dos medios do Concello.

Tedes o enlace ao blog de liber amoenus na columna do centro. Alí iremos poñendo máis información.

Esperamos contar cada vez con máis membros e poder facer grupos doutros cursos. Animádevos!

No hay comentarios: