domingo, 7 de junio de 2009

Bicentenario de Charles DARWIN

Co gallo do Bicentenario do nacemento de Charles Darwin e o 150º aniversario da publicación do seu libro A orixe das especies, o Departamento de Ciencias Naturais en colaboración coa biblioteca e o seu obxectivo dinamizador elaborou uns paneis sobre as devanditas efemérides.
O panel consta de seis módulos individuais que tratan de diferentes temas relacionados coa evolución das especies ou coa vida de Charles Darwin, utilizando como nexo as letras do seu nome: D (Diversidade), A (Actualismo), R (Revelación: a viaxe no "Beagle"), W (Wallace), I (Idea: a selección natural) e N (Neodarwinismo).

Esperamos que vos guste. Estará enfronte da sala grande da biblio (no corredor da cafetería) ata finais de curso.



No hay comentarios: