martes, 27 de octubre de 2009

Noticias breves



Mañá mércores teremos unha exposición de setas na biblioteca. O Departamento de Bioloxía organiza unha saída ó monte A Gañidoira cos alumnos de 1º de Bacharelato coa optativa de Bioloxía e cos de 4º de PDC. A partir das 12'30 expoñerán os exemplares recollidos na biblioteca. Podedes velos só ata o xoves, xa que non aguantarán en bo estado moito máis tempo.

Por outro lado, como podedes ver, estamos decorando a biblioteca para celebrar o Samaín. ¡Admitimos suxerencias! Poñeremos un expositor de libros de terror e haberá un contacontos para os alumnos de 1º e 2º de ESO.

Irémosvos informando de todo isto. ¡Animádevos a participar!

No hay comentarios: