Anxo Fariña no noso insti!

Mañá xoves vainos visitar Anxo Fariña, que como sabedes é un gran deseñador, ilustrador e escritor. Ofrecerá un taller de debuxo ós alumnos de 1º de ESO e, como el mesmo di, dibuxará con palabras e escribirá con debuxos. Os afortunados van levar material para facer os seus bocetos coa axuda do debuxante.
Ademáis de polos seus numerosos contos infantís, é moi coñecido pola súa colección de Os Megatoxos dos que hai verdadeiros fans entre os vosos compañeiros. Esperámolo con impaciencia!
Ademáis de polos seus numerosos contos infantís, é moi coñecido pola súa colección de Os Megatoxos dos que hai verdadeiros fans entre os vosos compañeiros. Esperámolo con impaciencia!
Comentarios