Adeus a Miguel Delibes, o cazador das letras

O 12 de marzo de 2010 finou aos 89 anos un dos autores máis queridos da literatura española de postguerra. Deixanos en herdanza unha rica obra na que deu voz a un mundo rural que se esvaecía tralo pulo das cidades e a unhas clases medias que intentaban sortear os estreitos códigos morais establecidos polo Franquismo. Gran coñecedor da fauna e a flora castelá, mostrou sempre a seu apaixonamento pola caza; do seu interese pola natureza xa falamos neste blog cando fixemos referencia a La tierra herida , obra escrita co seu fillo coa finalidade de denunciar os problemas medioambientais do planeta. A obra de Miguel Delibes comenzou con La sombra del ciprés es alargada en 1947, novela pola que recibiu o Premio Nadal ; e de 1950 é El camino , outra das súas obras máis coñecidas. Pero será na década dos sesenta a que represente o seu apoxeo como escritor. En 1962 publicou Las ratas , un dos seus grandes libros, e en 1964, Cinco horas con Mario . Nos oitenta e os noventa virían os recoñecemen...