Adeus a Miguel Delibes, o cazador das letras

O 12 de marzo de 2010 finou aos 89 anos un dos autores máis queridos da literatura española de postguerra. Deixanos en herdanza unha rica obra na que deu voz a un mundo rural que se esvaecía tralo pulo das cidades e a unhas clases medias que intentaban sortear os estreitos códigos morais establecidos polo Franquismo.

Gran coñecedor da fauna e a flora castelá, mostrou sempre a seu apaixonamento pola caza; do seu interese pola natureza xa falamos neste blog cando fixemos referencia a La tierra herida, obra escrita co seu fillo coa finalidade de denunciar os problemas medioambientais do planeta.

A obra de Miguel Delibes comenzou con La sombra del ciprés es alargada en 1947, novela pola que recibiu o Premio Nadal; e de 1950 é El camino, outra das súas obras máis coñecidas. Pero será na década dos sesenta a que represente o seu apoxeo como escritor. En 1962 publicou Las ratas, un dos seus grandes libros, e en 1964, Cinco horas con Mario. Nos oitenta e os noventa virían os recoñecementos. Desde 1973 ocupaba xa cadeira de académico, e trala publicación en 1981 de Los santos inocentes, non deixa de obter premios que renden xusta homenaxe ao traballo do escritor.
A súa última gran obra, El hereje, publicada en 1998, recibe o Premio Nacional de Narrativa.
Coa entrada do milenio, creouse a Cátedra Miguel Delibes, con sé nas Universidades de Nova York e Valladolid, co obxectivo de estudar a literatura española contemporánea, dala a coñecer en Estados Unidos e difundila mediante as novas tecnoloxías.
Desde hoxe os seus restos repousan no Panteón de Vallisoletanos Ilustres do cemiterio do Carme da cidade que o veu nacer o 17 de outubro de 1920.
Podemos coñecelo un pouco máis nesta pequena reportaxe:




A relevancia da obra de Delibes na cultura española percíbese no tremendo éxito obtido polas adaptacións das súas obras: a versión teatral de Cinco horas con Mario, dirixida por Josefina Molina e interpretada por Lola Herrera, mantívose en cartel desde 1979 ata 1990, convertíndose nunha das montaxes máis lonxevas da escea nacional; e a adaptación cinematográfica de Los santos inocentes, realizada por Mario Camus, e interpretada por Alfredo Landa e Francisco Rabal, pervive como un dos clásicos do cine español.


Comentarios

Entradas populares de este blog

Vive connosco nun "liber amoenus"

8 de marzo: Día da muller

17 de marzo, día do cómic.