Día da Terra, 22 de abril

Despois da hora do planeta chega o Día da Terra. No ano 1970 celebrouse o primeiro Día da Terra o 22 de abril coa necesidade de crear unha conciencia común aos problemas da contaminación, a conservación da biodiversidade e outras preocupacións ambientais para protexer o Planeta.
Neste día no IES Vilar Ponte, o departamento de ciencias naturais, proxectará unha película sobre o planeta Terra e os efectos e cambios xerados polo home nos derradeiros dous séculos.
Comentarios