lunes, 6 de febrero de 2012

Apadriñamento de lectores

O pasado 25 de xaneiro algúns dos siareiros da nosa biblio actuaron como padriños dos rapaces de 4º de Primaria dos nosos veciños do CEP Loís Tobío. Os padriños - Rebeca Macía Trampral, Antía Eijo Mejuto, Manuel Lago Berdeal, Andrés Díaz Gómez e Carla Míguez Ríos- leron pequenos relatos de Cousas de Castelao aos seus afillados. Recibíronnos con tanto agarimo e expectación que xa temos ganas de repetir.

Alumnos de 4º A cos seus padriños:


Alumnos de 4º B cos seus padriños:


Alumnos de 4º C cos seus padriños:



Aquí tedes toda a experiencia en fotografías:




Podedes ver tamén o blog da biblio do Lois Tobío

No hay comentarios: