viernes, 1 de febrero de 2013

O documental "Home" comentado

Yann Arthus-Bertrand trata de concienciarnos da evolución catastrófica do clima no noso planeta a través do documental Home. Unha alumna de 1º da ESO, Marta Pérez, ofrécenos un brilante comentario sobre o mesmo:

O documental “Home” representa o avance do noso planeta dende os orixes ata a actualidade, a evolución do ser humano, a súa maneira de conquistar e modificar extremadamente a paisaxe, provocando, simultaneamente, graves consecuencias, que nos afectan a todos. Dende os comenzos da vida, as archibacterias, ata as inxentes cidades de rañaceos e illas artificiais recentemente construidas.
O afán do ser humano por conseguir enerxía das fontes de enerxía non renovables, ou “bolsas de sol”, modifica o planeta, perxudica, contamina, altera, elimina.
Constantemente, “Home”, recórdanos que o diñeiro e os gobernos dominan o mundo.
Mentres millóns de persoas morren de fame, outros millóns viven por enriba dos seus límites.
A poboación mundial medra, multiplícase.
O cambio climático derrete os casquetes polares. sube o nivel do mar.
O ser humano tala árbores, elimina vexetación, esgota todos aqueles recursos imprescindibles para a vida.
“Home” graba diversas imaxes, de moitos lugares distintos, de fermosas paisaxes, imprescionantes escenarios, tanto naturais coma provocados polo ser humano.
Cunha imaxe sempre superior, as cámaras pretenden captar as formas do relevo e as escenas que nel teñen lugar, con toda a súa plenitude. Prentende darnos a sensación de atoparnos no interior do documental, de sobrevoar as paisaxes.
Realmente, “Home” pareceume un documental fermoso, pero realista, informativo, que nos axuda a comprender a situación do noso planeta.
Acompañado dunha banda sonora acorde coas imaxes, o documental critica o mal uso de todos aqueles bens que o noso planeta nos proporciona; a eliminación da vexetación, a cría masiva de gando para producir carne, a excesiva cantidade de peixe que se pesca, o gasto das enerxías non renovables, podendo empregar as renovables, a auga, o sol e o aire, a raíz dos cales son creados prototipos naturais e non contaminantes, coma paneis solates, eólicos ou máquinas que aproveitan a forza das ondas do mar para producir enerxía.
O documental fai pensar e recapacitar sobre se realmente os humanos estamos a avanzar, ou tan só nos limitamos a destruir o mundo no que vivimos.
Sobre todo, observo que durante o documental, repítense frases, coma “todo se acelera”, unha frase que, en conxunto coa música e as imaxes, fainos darnos conta de que, realmente, o futuro do noso mundo non é próspero.
Finalmente, o documental nomea unha serie de países e rexións no que o afán de progresar é grande, coma a ausencia dun exército en Costa Rica, no que o diñeiro se invirte na conversación da súa vexetación, da paisaxe, do máis valioso que posúen.
Seguido de fotografías de lugares simbólicos arredor do mundo, e crédito, o documental “Home” finaliza, facéndonos recapacitar verdadeiramente sobre o futuro.

Non debes perderte o documental:



Se tes aínda máis curiosidade, fai click en info+.


No hay comentarios: