21 de febreiro: Día Internacional do Idioma Materno

No ano 1999 a Conferencia Xeral da UNESCO proclama o 21 de febreiro como "Día Internacional do Idioma Materno". Co gallo desta conmemoración, na sala de lectura do edificio II do noso centro tivo lugar unha pequena recitación de poemas nas distintas linguas maternas dalgúns dos nosos alumnos, apoiados polos auxiliares de conversa que neste curso nos acompañan.






Estes foron os textos escollidos:
  • Drew (auxiliar de conversa de inglés): Strange Restaurant.
  • Judit (auxiliar de conversa de francés): La nuit.
  • Adrián López e Ángela Martínez Sarmentero leron en francés Paris, reine du monde.
  • India Stainton, en inglés, Las montañas de Inglaterra.
  • Nastia Shmidt, en ruso, Sentimientos.
  • Cintia Barría, en portugués, Amor de madre por su hijo.
  • Emanuel Mihai, en rumano, Pajaritos dormilones.
  • Brais González, en galego, Chanchanhuí.
  • Elena Insua, Andrea Fernández e Gerardo Veiga, en español, A Margarita Debayle.

E velaquí tedes a presentación que fixo Judit:


Comentarios

Entradas populares de este blog

Vive connosco nun "liber amoenus"

8 de marzo: Día da muller

17 de marzo, día do cómic.