12 de maio: Día Escolar das Mat3máticas

Un ano máis celebramos o Día Escolar das Mat3máticas desde a biblioteca en colaboración co Departamento de Matemáticas. Este ano foi cun "Gran maratón mat3mático" que tivo lugar na sala de lectura do edificio II durante os dous recreos no que podía participar todo o alumnado de 1º e 2º da ESO. 
A rapazada de 1º demostrou unha vez máis que vén pisando forte e participou activamente. Velaquí tedes as fotos dese día.


Tras comprobar os acertos nas probas, os participantes foron convocados á recollida de premios o pasado venres na biblioteca.
Estes foron os gañadores:

1º premio: MATEO ESCOURIDO GARCÍA (1º C)
2º premio: MATEO PIÑÓN RIVEIRA (1º A)
3º premio (ex aequo entre varias rapazas de 1º B moi "coloboradoras" entre elas):
                 NOELIA BLANCO VÁZQUEZ
                 ÁNGELA FERNÁNDEZ PÉREZ
                 CLAUDIA GOAS HERBÓN
                 ENYA OTERO CONDE


Comentarios

Entradas populares de este blog

Vive connosco nun "liber amoenus"

8 de marzo: Día da muller

17 de marzo, día do cómic.