sábado, 7 de noviembre de 2015

CIBES 2015

O 26, 27 e 28 de outubro tivo lugar en Madrid o Congreso Iberoamericano de Bibliotecas Escolares (CIBES 2015) e as bibliotecas escolares da Microrrede da Mariña estivemos alí. Fixemos unha comunicación na que contabamos a nosa experiencia en grupo, como comezamos a traballar xuntas todas as bibliotecas escolares integradas no Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares e como foron todos eses traballos conxuntos nos que tratamos de dinamizar a vida das nosas bibliotecas e dos nosos centros a través da lectura e a literatura.

Levamos un vídeo de presentación das nosas biblios. Aquí podedes velo:



No hay comentarios: