lunes, 28 de noviembre de 2016

25 de novembro: bibliovilarponte en contra da violencia de xénero

O pasado venres foi o Día Internancional en contra da violencia de xénero. Desde a biblioteca queremos concienciar desta lacra que xa levou á tumba a moitas mulleres no que vai de ano. Debido ás eleccións ao Consello Escolar, tivemos que retrasalas ata esta semana. Estas son as actividades:

Exposición na porta da biblio "O maltrato nin en pintura", un traballo excelente realizado pola biblioteca do IES Lucus Augusti de Lugo, que xenerosamente compartiron.

Visita de todos os cursos de 1º e 2º da ESO a biblioteca para ver un vídeo sobre o maltrato. Posteriormente debuxaron a súa man na parede de enfronte da biblioteca e escribiron a súa mensaxe en contra da violencia e o maltrato á muller e en prol da igualdade entre homes e mulleres.


En Bacharelato, algúns alumnos de 1º quixeron participar no #mannequinchallenge cun vídeo que insta a que precisamente non nos quedemos parados ante o maltrato.


Durante esta semana seguiremos coas actividades. Aínda baixará o alumnado de 3º e 4º.

No hay comentarios: