INTENSA SEMANA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Desde o pasado día 20 ata o día 27 de novembro, os alumn@s do centro participaron activamente enchendo globos de cor morada con mensaxes contra a violencia de xénero. A biblioteca tinguiuse de morado e os globos estouraron simbolicamente para facérense escoitar. Tamén se foi tivo o seu impacto a curtametraxe El orden de las cosas , que foi visionada tanto na biblioteca coma nas aulas. Unha selección de libros sobre a temática tamén foi exposta e consultada por curios@s lectores. Ademais, desde o departamento de francés traballouse co conto La cenicienta que no quería comer perdices , que loce no pasillo do primeiro andar. Os alumn@s expresaron as mensaxes e pegáronnas a carón das páxinas do conto. Foi unha semana intensa e moi reivindicativa con respecto a esta lacra. Gracias pola participación e implicación de profes, alumn@s e persoal do centro! ...