INTENSA SEMANA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Desde o pasado día 20 ata o día 27 de novembro, os alumn@s do centro participaron activamente enchendo globos de cor morada con mensaxes contra a violencia de xénero. A biblioteca tinguiuse de morado e os globos estouraron simbolicamente para facérense escoitar.
Tamén se foi tivo o seu impacto a curtametraxe El orden de las cosas, que foi visionada tanto na biblioteca coma nas aulas.
Unha selección de libros sobre a temática tamén foi exposta e consultada por curios@s lectores.
Ademais, desde o departamento de francés traballouse co conto La cenicienta que no quería comer perdices, que loce no pasillo do primeiro andar. Os alumn@s expresaron as mensaxes e pegáronnas a carón das páxinas do conto.
Foi unha semana intensa e moi reivindicativa con respecto a esta lacra.
Gracias pola participación e implicación de profes, alumn@s e persoal do centro!

          

                   


                  




  





Comentarios

Entradas populares de este blog

Vive connosco nun "liber amoenus"

8 de marzo: Día da muller

17 de marzo, día do cómic.