23 de Outubro. Día das bibliotecas.

Durante esta semana levamos a cabo a formación de usuarios coa rapazada de 1º e 2º da ESO. Ademais de aprender a localizar títulos na biblioteca, estivemos escollendo libros para levar ás vosas bibliotecas de aula. Que mellor que elixir vós mesmos o que queredes ler!!!! Atopamos durante esta formación unha nova necesidade: marcar dalgún xeito os libros por xéneros, así que poñemos a traballar a cabeciña para dar cun sistema que nos vaia a todos e a todas.
Tamén vos informamos dunha novidade deste curso que apunta ter boa acollida. Seguiremos informando.

Comentarios

Entradas populares de este blog

Vive connosco nun "liber amoenus"

17 de marzo, día do cómic.

8 de marzo: Día da muller