A que xa cheira a Nadal? A que as vosas casas xa empezan a encherse de luces, grilandas e demais adornos da época, a que no súper xa hai moito que vemos turróns e outros moitos doces? Pois a biblio Vilar Ponte non vai ser menos, e, coa inestimable axuda do alumnado colaborador, que ten validada a hora de música e pasa moitas horas con nós, nos dispuxemos a engalanar a entrada do noso santuario. Iso si, empregando libros. Sin querer esta foi tamén unha actividade de promoción do material da biblioteca e de fomento da lectura porque, a costa de mergullarse nos andeis á busca de libros que esteticamente cumprisen uns obxectivos, atopastes cousiñas que vos chamaron a atención e que levastes para ler nas vacacións.. Nunca tantos préstamos fixeramos fóra do recreo!!!!
Estamos de estreo . Andamos poñendo en marcha o primeiro club de lectura do Vilar Ponte. Xa ten nome, liber amoenus , xa ten membros anotados, de 4º e 1º de Bac, e xa ten blog. E como empezamos ambiciosos, imos comenzar uníndonos ao IES de Foz na lectura dun clásico de tódolos tempos, Asesinato en el Orient Express de Agatha Christie . Primeiro faremos unha reunión no noso centro para comentar a obra e logo unha reunión conxunta a través de vídeo-conferencia, dependendo dos medios do Concello. Tedes o enlace ao blog de liber amoenus na columna do centro. Alí iremos poñendo máis información. Esperamos contar cada vez con máis membros e poder facer grupos doutros cursos. Animádevos!


