Día internacional da non violencia e a paz e día da ilustración

Este curso, debido á situación sanitaria, decidimos non realizar ningunha actividade que supuxera contacto físico, como adoitabamos facer para conmemorar este día. Con todo, nas aulas de primeiro da ESO traballamos o que supón as pequenas acción que cada un de nós pode realizar no noso día a día para acadar a paz no noso entorno. Para comezar, visualizamos o trailer da peli "Cadena de favores", o que deu lugar a un fondo debate no que reflexionamos acerca da nosa contribucación á creación dun mundo mellor. Por último, para plasmar visualmente esta contribución, elaboramos unha cadea de favores. CAda un de nós escribiu, nun eslabón, un favor que ultimamente lle tuvera feito a alguén. Ata os profes participamos!!!! Con estes eslabóns fixemos unha cadea que decora a entrada do edificio 2. No edificio 1, na entrada da biblioteca, o equipo escolleu unha serie de lecturas que favorecen a paz e montou unha exposición para que estes títulos sexan máis visibles á rapazada. Moitas delas son novelas gráficas e cómics, libros ilustrados cos que poñer en valor este traballo que tamén se quere visualizar na data de hoxe.

Comentarios

Entradas populares de este blog

Vive connosco nun "liber amoenus"

17 de marzo, día do cómic.

8 de marzo: Día da muller