Estes días, os motores da biblio están a todo meter!!!!! Estamos rematando de preparar a nosa aportación para a exposición da Microrrede da Mariña, que terá lugar en Viveiro a semana do 9 ao 13 de maio.
Nas aulas de educación plástica, están a preparar o formato: elaborando e recortando en vinilo un mapamundi que formará o centro do cadro e creando un marco en papel maché con algunha sorpresa oculta.
Na biblio, mentres tanto, proxectamos diferentes tipos de vídeos para contar as lendas que coñecemos desde pequeniños e que reflicten a variedade cultural que temos a sorte de ver a diario polos nosos corredores.
Estamos de estreo . Andamos poñendo en marcha o primeiro club de lectura do Vilar Ponte. Xa ten nome, liber amoenus , xa ten membros anotados, de 4º e 1º de Bac, e xa ten blog. E como empezamos ambiciosos, imos comenzar uníndonos ao IES de Foz na lectura dun clásico de tódolos tempos, Asesinato en el Orient Express de Agatha Christie . Primeiro faremos unha reunión no noso centro para comentar a obra e logo unha reunión conxunta a través de vídeo-conferencia, dependendo dos medios do Concello. Tedes o enlace ao blog de liber amoenus na columna do centro. Alí iremos poñendo máis información. Esperamos contar cada vez con máis membros e poder facer grupos doutros cursos. Animádevos!