10 de outubro: Día Mundial da Saúde Mental

 Bo día a todas e todos!

Hoxe é o Día Mundial da Saúde Mental, este ano adicado especialmente ao vínculo fundamental entre traballo e saúde mental.



A imaxe, creada por Antonio Lorente, pretende ilustrar o imaxinario común das traballadoras e traballadores, composto por  condicionantes, ilusións, preocupacións e pensamentos en torno ao traballo.

Apélase ao equilibrio e á necesidade de conciliación de vida persoal e familiar coa vida laboral para evitar que esta última sexa un foco de estrés ou ansiedade, ocupando todo o espazo mental por preocupacións económicas, coma o salario, e outros aspectos. Como consecuencia, o dereito á autonomía é un punto clave.

Na biblio do IES Vilar Ponte plantexamos algunhas propostas de lectura dispoñibles para axudarnos a reflexionar ou simplemente para acercarnos a outras realidades, todas elas relacionadas coa saúde mental.

📖 Pasádevos a botar un ollo! 📖





Comentarios

Entradas populares de este blog

8 de marzo: Día da muller

Vive connosco nun "liber amoenus"

17 de marzo, día do cómic.