Exposición Abril - O Románico e o Camiño: as pegadas en pedra
Bo día a todas e todos!
Hoxe traémosvos As pegadas en pedra: o Románico e o Camiño, unha exposición resultado da viaxe ao pasado a través da arte, a cultura e a espiritualidade no medievo que fixo o alumnado de 2º ESO.
Durante varias semanas, o alumnado traballaou arreo para elaborar maquetas de igrexas do románico, carteis, diarios de peregrinaxe e folletos sobre as diferentes etapas do Camiño. Con estes traballos, non só aprenderon a identificar os principais elementos do estilo románico, senón tamén coñecer a tradición xacobea, símbolos, tradición e impacto cultural.
Convidámosvos a visitar esta viaxe no tempo, dispoñible no corredor da entrada do Pastor Díaz e na Biblioteca do Vilar Ponte.
Comentarios