Estamos de estreo . Andamos poñendo en marcha o primeiro club de lectura do Vilar Ponte. Xa ten nome, liber amoenus , xa ten membros anotados, de 4º e 1º de Bac, e xa ten blog. E como empezamos ambiciosos, imos comenzar uníndonos ao IES de Foz na lectura dun clásico de tódolos tempos, Asesinato en el Orient Express de Agatha Christie . Primeiro faremos unha reunión no noso centro para comentar a obra e logo unha reunión conxunta a través de vídeo-conferencia, dependendo dos medios do Concello. Tedes o enlace ao blog de liber amoenus na columna do centro. Alí iremos poñendo máis información. Esperamos contar cada vez con máis membros e poder facer grupos doutros cursos. Animádevos!
Bo día a todas e todos! O mércores pasado celebramos o Samaín no IES Vilar Ponte cun percorrido terrorífico montado na biblioteca do centro. Foi tan terrorífico que varixs alumnxs tiveron que dar a volta e saír correndo! Voluntarixs de 1º, 2º e 3º de ESO transformáronse en zombies, lobisomes e nenos diabólicos e as profes en bibliotecarias tenebrosas e bruxas malvadas. Non pensedes que era fácil saír, pois os valentes que entraban na biblioteca tiñan que pasar dúas probas: meter as mans nunha cabaza cun líquido biscoso para conseguir unha chave que entregar á bruxa e, unha vez entregada a chave, tragar un doce de sabor sorpresa.... podía ser cebola, fresa, chili, limón, bacon... Foi unha actividade divertidísima para todxs, con colas polos corredores para poder vivir a experiencia e algúns con ganas de repetir!
Co gallo do Día da Paz, hoxe visitou a nosa biblioteca AnxoMoure, atrapacontos e incansable activista ecolóxico. Co seu artiluxio de atrapar contos entusiasmou ós alumnos de 3º de ESO cos seus contos solidarios . Acompañado da súa bicicleta e do seu carballo con botas quixo concienciarnos sobre os valores da solidariedade, xustiza e liberdade. Moitas grazas, Anxo. ADRIÁN SILVENT MASEDA de 3ºA cóntanos as súas impresións: ¡Hola! El cuentacuentos me gustó mucho porque Anxo supo contarlos muy bien. Me gustó mucho, por otra parte, también porque la ONG ayuda a todos los niños que no tienen cultura, porque no tienen acceso a bibliotecas. Lo que hace Anxo y sus compañeros es instalar bicicletas por los parques para que los profesores o los médicos puedan acceder a su trabajo sin ningún tipo de problema. Anxo ayuda a la gente que no tiene cultura para que se sepan defender en la vida y no sean como mulas de carga. Anxo parece una persona muy simpática, con amor a los niños y que disfruta vi...
Comentarios