Estamos poñendo en marcha un concurso para celebrar o Día de San Valentín o vindeiro 14 de febreiro. Contamos contigo! PARTICIPANTES Calquera alumno da ESO OBXECTIVOS Coñecer algunhas das manifestacións de amor máis románticas de todos os tempos. EN QUE CONSISTE? Cada día lectivo, desde o venres 7 de febreiro, aparecerán dúas pistas na conta de Twitter da biblioteca a partir das 0:00 horas. Se non tes conta de Twitter, podes atopalas no blog da biblioteca. As pistas serán versos dun poema, dunha canción de amor, personaxes dalgunha novela ou unha frase significativa dunha película. Despois de ler as pistas, deberás buscar información sobre elas en internet o venres 7, o luns 10, o martes 11, o mércores 12 e o xoves 13. A dúas cada día, en total serán dez pistas. Unha vez saibas o máis importante, vai á biblioteca e responde ás preguntas dunha ficha que che darán alí para participar. Serán preguntas sobre o autor, a súa da...