lunes, 10 de febrero de 2014

Celebración do Día da Paz


O pasado xoves 30 de xaneiro conmemoramos o Día da Paz na nosa biblioteca. Proxectamos nos recreos unha presentación moi interesante  elaborada polos compañeioros do CEIP de Ponzos de Ferrol, á que lle  fomos engadindo diferentes cancións para facela aínda máis atractiva.
Temos que agradecer a colaboración de Juan Vicente Piñón, no eido informático, a Joel Romero, alumno de 2º de BAC, aos alumnos de 4º de PDC (Juan, Cristina, Desirée, Xesús, Mª José e Miguel) e a Carlos Gancedo, que sempre nos axuda facendo de fotógrafo.





No hay comentarios: