jueves, 6 de febrero de 2014

"Morrer de amor (e desamor)" Concurso para o Día de San Valentín

Estamos poñendo en marcha un concurso para celebrar o Día de San Valentín o vindeiro 14 de febreiro. Contamos contigo!

PARTICIPANTES

Calquera alumno da ESO 

OBXECTIVOS 

Coñecer algunhas das manifestacións de amor máis románticas de todos os tempos. 

EN QUE CONSISTE? 
  • Cada día lectivo, desde o venres 7 de febreiro, aparecerán dúas pistas na conta de Twitter da biblioteca a partir das 0:00 horas. Se non tes conta de Twitter, podes atopalas no blog da biblioteca. 
  • As pistas serán versos dun poema, dunha canción de amor, personaxes dalgunha novela ou unha frase significativa dunha película. 
  • Despois de ler as pistas, deberás buscar información sobre elas en internet o venres 7, o luns 10, o martes 11, o mércores 12 e o xoves 13. A dúas cada día, en total serán dez pistas. Unha vez saibas o máis importante, vai á biblioteca e responde ás preguntas dunha ficha que che darán alí para participar. Serán preguntas sobre o autor, a súa data de nacemento, o significado dun verso se está noutro idioma, qué personaxe di esa frase e en qué película, etc. Non serán difíciles. Deposita a ficha na caixa da biblioteca. Cada día debes depositar a ficha dese día. Non vale entregalas todas xuntas nin acumular as de dous días. 
PREMIO


O gañador obterá un vale para celebrar o día de San Valentín en La Dékada en Covas. Só serán válidas as papeletas co selo da biblioteca e con todas as respostas completas e correctas. Un só erro ou resposta incompleta fará que se descarte ao participante como gañador. De termos máis dun gañador, sortearase o premio.

No hay comentarios: