domingo, 20 de abril de 2014

Conmemoracións

O martes 25 de marzo, alumnado voluntario da clase de 1º ESO D achegouse á nosa biblioteca coa fin de festexar as conmemoracións literarias destes días -que, de seguido, enumeramos- coa lectura de textos varios.

Neste trimestre festexamos:
  • 26 de febreiro: DÍA DA LINGUA MATERNA.
  • 21 de marzo: DÍA DA POESÍA.
  • 27 de marzo: DÍA DO TEATRO.
  • 2 de abril: DÍA DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL.
Deuse lectura aos manifestos en prol desas conmemoracións, así como aos poemas "Venezia", "Paris", "London" e "A Margarita".

A cita resultou moi proveitosa por canto ten de achegamento á Literatura e á sensibilidade coa
que a percibe o alumnado.

No hay comentarios: