domingo, 20 de abril de 2014

Visita á nosa biblioteca municipal

O mércores 26 de marzo, alumnos de 1º C e o agrupamento específico de 2º, acompañados das súas profesoras e máis da coordinadora da biblioteca, achegámonos a coñecer as instalacións da Biblioteca Municipal (outra fonte para poder ler e, especialmente, nestas datas dos Días do Libro, non o esquezades!).

Resultounos ben interesante, non só polos fondos que ten, senón porque é un servizo máis para todos, onde ler e estudar sen importar a idade; onde pais, avós e fillos pódense achegar á cultura ao mesmo tempo. Lembrade ler, por formación e por pracer!

No hay comentarios: