lunes, 20 de junio de 2016

Lectura pública de "El Quijote"

O pasado mes de abril e con motivo da conmemoración do 400 aniversario da morte de D. Miguel de Cervantes Saavedra, o noso centro levou a cabo a lectura pública de varios capítulos da súa obra máis universal, "Don Quijote de la Mancha", así coma da biografía e bibliografía do autor.
Neste acto participou o alumnado do primeiro Ciclo da ESO, así coma varios profesores, todos eles co carácter de voluntariedad que require un acto de homenaxe literario destas características.
O noso recordatorio de que esta biblioteca posúe varias obras do inmortal Cervantes e o noso ánimo (sempre renovado) a ler este autor (e a outros) e a disfrutalo, a mellor homenaxe que se lle pode ofrecer.

No hay comentarios: