As alumnas do club de lectura de 2º de BAC no seu derradeiro luns de club, fixeron un Scape Room do Oriente Express. Tiveron 90 minutos para sair do vagón!
Estamos de estreo . Andamos poñendo en marcha o primeiro club de lectura do Vilar Ponte. Xa ten nome, liber amoenus , xa ten membros anotados, de 4º e 1º de Bac, e xa ten blog. E como empezamos ambiciosos, imos comenzar uníndonos ao IES de Foz na lectura dun clásico de tódolos tempos, Asesinato en el Orient Express de Agatha Christie . Primeiro faremos unha reunión no noso centro para comentar a obra e logo unha reunión conxunta a través de vídeo-conferencia, dependendo dos medios do Concello. Tedes o enlace ao blog de liber amoenus na columna do centro. Alí iremos poñendo máis información. Esperamos contar cada vez con máis membros e poder facer grupos doutros cursos. Animádevos!
Bo día a todas e todos! O mércores pasado celebramos o Samaín no IES Vilar Ponte cun percorrido terrorífico montado na biblioteca do centro. Foi tan terrorífico que varixs alumnxs tiveron que dar a volta e saír correndo! Voluntarixs de 1º, 2º e 3º de ESO transformáronse en zombies, lobisomes e nenos diabólicos e as profes en bibliotecarias tenebrosas e bruxas malvadas. Non pensedes que era fácil saír, pois os valentes que entraban na biblioteca tiñan que pasar dúas probas: meter as mans nunha cabaza cun líquido biscoso para conseguir unha chave que entregar á bruxa e, unha vez entregada a chave, tragar un doce de sabor sorpresa.... podía ser cebola, fresa, chili, limón, bacon... Foi unha actividade divertidísima para todxs, con colas polos corredores para poder vivir a experiencia e algúns con ganas de repetir!
Bo día a todas e todos! Hoxe vimos contarvos o que fixemos o venres pasado, en colaboración co equipo de Dinamización da Lingua Galega para celebrar o 17 de maio, Día das Letras Galegas . Ao longo da mañá, o alumnado e algúns profes tiveron que completar o mural que deseñou Sara dende Dinamización, e viñeron por grupos con moita ilusión a aportar o seu graniño de area, cada un cun adhesivo para formar o mural. Este adhesivo, colocado nas súas mesas previamente, ía acompañado das instrucións de como utilizalo e duns versos de diferentes coplas tradicionais que algúns se animaron a recitar a viva voz. Ademáis deste mural tan chulo formado por todos e cada un dos alumnos e alumnas que forman parte do centro, parte do equipo de biblio, de Dinamización e ata a conserxe María, moi ben rodeadas dun grupo de alumnas, honramos á música e á tradición oral que se celebra neste día facendo de cantareiras durante o recreo, cantando temas tan coñecidos como Catro vellos mariñeiros . Foi un día...
Comentarios