Saltar ao contido principal

Conto colaborativo na Microrrede da Mariña

 



Para a exposición da Microrrede, este ano, decidimos elaborar un conto colaborativo que foi rotando de centro en centro durante todo o curso. 

Cada centro debía realizar duas caras do conto, no que a modo de acordeón se irían unindo as páxinas e creando unha historia. 



O alumnado do noso centro, un dos últimos en recibir o conto, decidiu adaptar a obra ao seu entorno, xa que a recibimos unha semana antes de Semana Santa.  A obra presentaba moitos animais que se foron coñecendo ao longo da historia e como non ía ser menos, viaxaron a Viveiro para ver un dos nosos grandes atractivos culturais " A Semana Santa viveirense".  Así foi como comezou todo... os animais chegaron a viveiro e foron guiados por Ramón e Antón, os irmáns Vilar Ponte, guias turísticos que presentaban a posibilidade de facer un roteiro en 4 idiomas diferentes ( a través dos códigos QR).  Os irmáns Vilar Ponte, eran en sí mesmos, dous animais máis que se unían á historia en forma de figura de Regal e que brindaban ao resto de centros a oportunidade de coñecer un pouquiño máis sobre a nosa vila. 

Agardamos que vos gustara este conto, no que pasamos tantas horas traballando, axudándonos de  materiais reciclados, traballando con moitos departamentos á vez e con alumnado convalidado que puxo voz, música e arte en xeral en toda a obra. 


Grazas en especial a Marta, Nicolás, Carmen, Eva, Sabela, Noa e aos profesores Juanvi e Nuria. 




Publicacións populares deste blog

17 de maio - Día das Letras Galegas 2025

 Bo día a todas e todos! Hoxe vimos contarvos o que fixemos o venres pasado, en colaboración co equipo de Dinamización da Lingua Galega para celebrar o 17 de maio, Día das Letras Galegas . Ao longo da mañá, o alumnado e algúns profes tiveron que completar o mural que deseñou Sara dende Dinamización, e viñeron por grupos con moita ilusión a aportar o seu graniño de area, cada un cun adhesivo para formar o mural. Este adhesivo, colocado nas súas mesas previamente, ía acompañado das instrucións de como utilizalo e duns versos de diferentes coplas tradicionais que algúns se animaron a recitar a viva voz. Ademáis deste mural tan chulo formado por todos e cada un dos alumnos e alumnas que forman parte do centro, parte do equipo de biblio, de Dinamización e ata a conserxe María, moi ben rodeadas dun grupo de alumnas, honramos á música e á tradición oral que se celebra neste día facendo de cantareiras durante o recreo, cantando temas tan coñecidos como Catro vellos mariñeiros . Foi un día...

19 de xuño - Xincana de final de curso

 Bo día a todas e todos! Como xa sabedes, a semana pasada estivo ben cargadiña de actividades. O xoves, dende o equipo de biblioteca, preparamos unha xincana para todo o centro, na que participaron rapaces e rapazas dende 1º ata 4º da ESO.  O alumnado podía apuntar aos seus equipos para pasar as 12 probas coas que contaba esta xincana. Doce probas que estaban repartidas por todo o patio do centro, a cafetería, a biblioteca e algunha clase. A participación foi moi alta e houbo moitísima enerxía e risas por todas partes, especialmente nas carreiras de sacos! Sudouse moito, pero imos de vacacións xa liberadas e liberados de toda a tensión acumulada do curso. Ata a próxima!

🎃 O Samaín no IES Vilar Ponte: ler, crear e pasalo de medo

O Samaín é unha das tradicións máis antigas da nosa cultura. Herdeiro das celebracións celtas coas que se despedía o verán e se daba a benvida ao inverno, este tempo simboliza o paso entre dous mundos: o dos vivos e o dos espíritos. Fogares, vilas e escolas énchense de luces, cabazas e historias misteriosas que manteñen viva a nosa memoria colectiva. No IES Vilar Ponte , quixemos celebrar o Samaín dende a Biblioteca Escolar , en colaboración co Equipo de Dinamización da Lingua Galega , convertendo o centro nun espazo de creación, misterio e lectura compartida a través das seguintes actividades: Decoración da Biblioteca por parte do alumnado de 3º ESO C. Concurso de microrrelatos de terror para todo o alumnado da ESO.  Xincana de Samaín para o alumnado de 1º da ESO Concurso de portas terroríficas dirixido ao alumnado de 1º e 2º da ESO. 📖  As palabras tamén poden dar medo O Concurso de Microrrelatos de Terror invitou ao alumnado a deixar voar a súa imaxinación máis escura e p...