Saltar ao contido principal

CONCURSO DE POSTAIS DO IES VILAR PONTE 2023

 


CONCURSO DE POSTAIS DO IES VILAR PONTE 2023 

BASES:

1.Poderá participar todo o alumnado matriculado neste IES no curso 2023/24.


2.Os traballos presentados a concurso  deberán ser orixinais e inéditos. Os textos que acompañen as ilustracións poderán estar redactados indistintamente en galego, castelán, inglés ou francés.


3. O tema estará relacionado co Nadal ( pode ser relixioso ou non).


4. O tamaño da postal tradicional será exclusivamente en tamaño folio ou menor.


5. A técnica será libre (agás tratamento informático) sobre cartolina branca ou de cor.


6. Haberá dúas modalidades, a de POSTAL TRADICIONAL, e a POSTAL TRIDIMENSIONAL.

Para a postal tradicional haberá as seguintes categorias:


PRIMEIRA CATEGORÍA: Alumnos-as de 1º ciclo da ESO ( 1º e 2º da ESO)

SEGUNDA CATEGORÍA: Alumnos-as de 2º ciclo da ESO ( 3º e 4º da ESO)

TERCEIRA CATEGORÍA: Alumnos-as de 1ºe2º de Bac.

PARA A POSTAL TRIDIMENSIONAL SÓ HABERÁ UNHA CATEGORÍA.


7. Cada participante entregará unha postal, que deberá ir sen asinar e acompañada dun sobre pechado onde consten, no seu interior, os datos do autor, nome e apelidos, curso e grupo, idade  e na parte exterior a categoría á que pertence ( 1ªCat. 2ª Cat. Ou 3ªCategoría)

8. Os traballos deberán entregarse antes do Martes 5  de decembro ao profesor de Relixión Católica ou en conserxería do Vilar Ponte II.


9. Haberá 3 premios por categoria na postal tradicional, pero algúns premios poderán ser declarados desertos como consecuencia da escasa participación ou da baixa calidade dos mesmos.  Así mesmo haberá 3 premios na categoria tridimensional.


10. O xurado estará composto por varios membros desta comunidade educativa.


11. O fallo do xurado será inapelable e farase público o día 11 de Decembro, luns e publicarase nos tablóns de anuncios, asi coma aos interesados.

12. Tódolos traballos serán expostos nun lugar a determinar.


13. A entrega de premios farase o día 19, Martes, no SEGUNDO RECREO.


En  VIVEIRO, a 10 de novembro de 2023.


Publicacións populares deste blog

Vive connosco nun "liber amoenus"

Estamos de estreo . Andamos poñendo en marcha o primeiro club de lectura do Vilar Ponte. Xa ten nome, liber amoenus , xa ten membros anotados, de 4º e 1º de Bac, e xa ten blog. E como empezamos ambiciosos, imos comenzar uníndonos ao IES de Foz na lectura dun clásico de tódolos tempos, Asesinato en el Orient Express de Agatha Christie . Primeiro faremos unha reunión no noso centro para comentar a obra e logo unha reunión conxunta a través de vídeo-conferencia, dependendo dos medios do Concello. Tedes o enlace ao blog de liber amoenus na columna do centro. Alí iremos poñendo máis información. Esperamos contar cada vez con máis membros e poder facer grupos doutros cursos. Animádevos!

17 de maio - Día das Letras Galegas 2025

 Bo día a todas e todos! Hoxe vimos contarvos o que fixemos o venres pasado, en colaboración co equipo de Dinamización da Lingua Galega para celebrar o 17 de maio, Día das Letras Galegas . Ao longo da mañá, o alumnado e algúns profes tiveron que completar o mural que deseñou Sara dende Dinamización, e viñeron por grupos con moita ilusión a aportar o seu graniño de area, cada un cun adhesivo para formar o mural. Este adhesivo, colocado nas súas mesas previamente, ía acompañado das instrucións de como utilizalo e duns versos de diferentes coplas tradicionais que algúns se animaron a recitar a viva voz. Ademáis deste mural tan chulo formado por todos e cada un dos alumnos e alumnas que forman parte do centro, parte do equipo de biblio, de Dinamización e ata a conserxe María, moi ben rodeadas dun grupo de alumnas, honramos á música e á tradición oral que se celebra neste día facendo de cantareiras durante o recreo, cantando temas tan coñecidos como Catro vellos mariñeiros . Foi un día...

19 de xuño - Xincana de final de curso

 Bo día a todas e todos! Como xa sabedes, a semana pasada estivo ben cargadiña de actividades. O xoves, dende o equipo de biblioteca, preparamos unha xincana para todo o centro, na que participaron rapaces e rapazas dende 1º ata 4º da ESO.  O alumnado podía apuntar aos seus equipos para pasar as 12 probas coas que contaba esta xincana. Doce probas que estaban repartidas por todo o patio do centro, a cafetería, a biblioteca e algunha clase. A participación foi moi alta e houbo moitísima enerxía e risas por todas partes, especialmente nas carreiras de sacos! Sudouse moito, pero imos de vacacións xa liberadas e liberados de toda a tensión acumulada do curso. Ata a próxima!